O último artigo de Fidel

Equitación de XIS



Coma homenaxe a unha das personalidades máis importantes e controvertidas do século XX vertemos ao galego o derradeiro artigo publicado por Fidel Castro na revista Granma.

Granma. ed. do sábado 26 de nov 2016.

Mensaxe ao pobo de Cuba transmitido por Raúl Castro informando da morte de Fidel:

Querido pobo de Cuba



Con profundo dor comparezo para informar ao noso pobo, aos amigos da nosa América e do mundo, que hoxe 25 de novembro do 2016, ás 10:29 horas da noite, faleceu o Comandante en Xefe da Revolución Cubana, Fidel Castro Ruz.



En cumprimento da vontade expresa do compañeiro Fidel, os seus restos serán cremados.



Nas primeiras horas de mañá sábado 26, a Comisión Organizadora dos funerais brindará á nosa pobo unha información detallada sobre a organización da homenaxe póstuma que se lle tributará ao fundador da Revolución Cubana.



Até a vitoria sempre!

Publicado o 28 de marzo de 2016 na revista Granma. Orixinal en español



O irmán Obama
Fidel Castro Ruz

Os reis de España trouxéronnos aos conquistadores e donos, cuxas pegadas ficaron nos hatos circulares de terra asignados aos buscadores de ouro nas areas dos riós, unha forma abusiva e abafante de explotación cuxos vestixios pódense divisar desde o ar en moitos lugares do país.

O turismo hoxe, en grande parte, consiste en mostrar as delicias das paisaxes e saborear as exquisiteces alimentarias dos nosos mares, e sempre que se comparta co capital privado das grandes corporacións estranxeiras, cuxas ganancias se non atinxen os mis de millóns de dólares per capita non son dignas de atenzón algunha.

Xa que me vin obrigado a mencionar o tema, debo engadir, principalmente para os xovens, que poucas persoas se percatan da importancia de tal condición neste momento singular da historia humana. Non direi que o tempo se perdeu, pero non vacilo en afirmar que non estamos suficientemente informados, nin vostedes nin nós, dos coñecementos e as conciencias que debésemos ter para enfrontar as realidades que nos desafían. O primeiro a tomar en conta é que as nosas vidas son unha fracción histórica de segundo, que hai que compartir ademais coas necesidades vitais de todo ser humano. Unha das características deste é a tendencia á sobrevaloración do seu papel, o cal contrasta por outro lado co número extraordinario de persoas que encarnan os soños máis elevados.

Ninguén, sen embargo, é bo ou é malo por si mesmo. Ningún de nós está deseñado para o papel que debe asumir na sociedade revolucionaria. En parte, os cubanos tivemos o privilexio de contar co exemplo de José Martí. Perguntome mesmo se tiña que caer ou non en Dos Ríos, cando dixo “para min é hora”, e cargou contra as forzas españolas atrincheiradas nunha sólida liña de fogo. Non quería tornar a Estados Unidos e non había quen o fixese tornar. Alguén arrincou algunhas follas do seu diario. Quen cargou con esa pérfida culpa, que foi sen dúbida obra de algún intrigante inescrupuloso? Coñécense diferenzas entre os Xefes, pero xamais indisciplinas.“Quen tente apropiarse de Cuba recollerá o po do seu chan anegado en sangue, se non perece na loita”, declarou o glorioso líder negro Antonio Maceo. Recoñecese igualmente en Máximo Gómez, o xefe militar máis disciplinado e discreto da nosa historia.

Ollando desde outro ángulo, cómo non admirarse da indignación de Bonifacio Byrne cando, desde a arredada embarcación que o traía de regreso a Cuba, ao divisar outra bandeira xunto á da estrela solitaria, declarou: “A miña bandeira é aquela que non foi xamais mercenaria…”, para engadir de inmediato unha das máis belas frases que escoitei nunca: “Se desfeita en miúdos pedazos chega a ser a miña bandeira algún día…, os nosos mortos alzando os brazos saberana defender aínda!...”. Tampouco non esquecerei as acendidas palabras de Camilo Cienfuegos aquela noite, cando a varias ducias de metros lanzagranadas e metralladoras de orixe norteamericano, en mans contrarrevolucionarias, apuntaban cara a terraza onde estábamos parados. Obama nacera en agosto de 1961, como el mesmo explicou. Máis de meio século transcorrería desde aquel momento.

Vexamos sen embargo como pensa hoxe o noso ilustre visitante:

“Vin aquí para deixar atrás os últimos vestixios da guerra fría nas Américas.Vin aquí estendendo a man de amizade á pobo cubano”.

De inmediato un diluvio de conceptos, enteiramente novedosos para a maioría de nós:

“Ambos vívemos nun novo mundo colonizado por europeos”. Proseguiu o Presidente norteamericano.“ Cuba, ao igual que Estados Unidos, foi constituída por escravos traídos de África; á igual que Estados Unidos, o pobo cubano ten herdanzas en escravos e escravistas”.

As poboazóns nativas non existen para nada na mente de Obama. Tampouco non di que a discriminación racial foi varrida pola Revolución; que o retiro e o salario de todos os cubanos foron decretados por esta antes de que o señor Barack Obama cumpliría 10 anos. O odioso costume burgués e racista de contratar esbirros para que os cidadáns negros fosen expulsados de centros de recriazón foi varrida pola Revolución Cubana. Esta pasaría á historia pola batalla que librou en Angola contra o apartheid, pondo fin á presenza de armas nucleares nun continente de máis de mil millóns de habitantes. Non era ese o obxectivo da nosa solidariedade, se non axudar ás pobos de Angola, Mozambique, Guinea Bissau e outros do dominio colonial feixista de Portugal.

En 1961, apenas dous anos e tres meses despois do Triunfo da Revolución, unha forza mercenaria con canóns e infantería blindada, equipada con avións, foi adestrada e acompañada por buques de guerra e portaavións de Estados Unidos, atacando por sorpresa ao noso país. Nada poderá xustificar aquel aleivoso ataque que custou ao noso país centos de baixas entre mortos e feridos. Da brigada de asalto proyanki, en ningunha parte consta que se puidese evacuar un só mercenario. Avións yankis de combate foron presentados ante Nacións Unidas como equipas cubanas sublevados.

É de sobra coñecida a experiencia militar e o poderío dese país. En África creron igualmente que a Cuba revolucionaria seria posta  fose de combate. O ataque polo Sur de Angola por parte das brigadas motorizadas de Sudáfrica racista lévaos até as proximidades de Luanda, a capital deste país. Aí iniciase unha loita que se prolongou non menos de 15 anos. Non falaría sequera disto, a menos que tivese o deber elemental de responder ao discurso de Obama no Grande Teatro Da Habana Alicia Alonso.

Non tentarei tampouco dar detalles, só enfatizar que alá se escrebeu unha páxina honrosa da loita pola liberación do ser humano. De certa forma eu desexaba que a conduta de Obama fose correcta. A súa orixe humilde e a súa intelixencia natural eran evidentes. Mandela estaba preso de por vida e converterase nun xigante da loita pola dignidade humana. Un día chegou ás miñas mans unha copia do libro en que se narra parte da vida de Mandela e oh, sorpresa!: estaba prologado por Barack Obama. Olleino rapidamente. Era increibel o tamaño da minúscula letra de Mandela precisando dados. Vale a pena ter coñecido homes como aquel.

Sobre o episodio de Sudáfrica debo sinalar outra experiencia. Eu estaba realmente interesado en coñecer máis detalles sobre a forma en que os surafricanos adquiriran as armas nucleares. Só tiña a información moi precisa de que non pasaban de 10 ou 12 bombas. Unha fonte segura sería o profesor e investigador Piero Gleijeses, quen redixira o texto de “Misións en conflito: A Habana, Washington e África 1959-1976”; un traballo excelente. Eu sabía que el era a fonte máis segura  do ocorrido e así llo comuniquei; respondeume que el non falara máis do asunto, porque no texto respondera ás preguntas do compañeiro Jorge Risquet, quen fora embaixador ou colaborador cubano en Angola, moi amigo seu. Localicei a Risquet; xa noutras importantes ocupacións estaba a rematar un curso do que lle faltaban varias semanas. Esa tarefa cadrou con unha viaxe bastante recente de Peiro ao noso país; advertiralle a este que Risquet tiña xa algúns anos e a súa saúde non era óptima. Aos poucos días ocorreu o que eu temía. Risquet piorou e faleceu. Cando Peiro chegou non había nada que facer excepto promesas, pero xa eu lograra información sobre o que se relacionaba con esa arma e a axuda que Sudáfrica racista recebera de Reagan e Israel.

Non sei o que terá que dicir agora Obama sobre esta historia. Ignoro o que sabia ou non, aínda que é moi dubidoso que non soubese  nada. A miña modesta suxestión é que reflexione e non trate agora de elaborar teorías sobre a política cubana.

Hai unha cuestión importante:

Obama pronunciou un discurso no que utiliza as palabras máis enxaropadas para expresar: “É hora xa de nos esquecer do pasado, deixemos o pasado, ollemos o futuro, o ollemos xuntos, un futuro de esperanza. E non vai ser fácil, vai haber retos, e a eses imos darlle tempo; pero a miña estadía aquí dáme máis esperanzas  do que podemos facer xuntos como amigos, como familia, como veciños, xuntos”.

Suponse que cada un de nós corría o risco dun infarto ao escoitar estas palabras do Presidente de Estados Unidos. Tras un bloqueo desapiadado que durou xa case 60 anos, e os que morreron nos ataques mercenarios a barcos e portos cubanos, un avión de liña repleto de pasaxeiros feito estalar en pleno voo, invasións mercenarias, múltiples actos de violencia e de forza?

Ninguén se faga a ilusión de que o pobo deste nobre e abnegado país renunciará á gloria e os dereitos, e á riqueza espiritual que gañou co desenvolvemento da educación, a ciencia e a cultura.

Advirto ademais que somos capaces de producir os alimentos e as riquezas materiais que necesitamos co esforzo e a intelixencia do noso pobo. Non necesitamos que o imperio nos regale nada. Os nosos esforzos serán legais e pacíficos, porque é o noso compromiso coa paz e a fraternidade de todos os seres humanos que vivimos neste planeta.