Normas de edición

Calquera persoa con interese polo mundo cultural e a súa divulgación, pode enviar orixinais para a súa publicación en EQUITACIÓN DE XIS, ben sexan artigos ou ben outros materiais que podan encaixar nas distintas seccións.

Os artigos deberán de estar escritos en “word 97” ou superior, non excedendo os 15.000 carácteres (con espazos). En caso de incluír imaxes, estas terán que estar en formato “jpg” e en arquivo aparte, coa pertinente lenda (se procede) e indicando no corpo do artigo o lugar onde o autor considera conveniente colocar a ilustración.

A recepción dun orixinal non presupón a aceptación para a súa publicación. Seguindo o sistema de calquera revista convencional, todo material sen exclusión algunha será sometido ao dictame de dous especialistas no tema proposto, aos que EQUITACIÓN DE XIS solicitará a súa colaboración para iso. Os dictames serán anónimos e poderán recomendar ao autor a introducción de determinadas modificacións. Se se fixese necesaria a non aceptación dalgún traballo, a decisión será comunicada ao seu autor sen que EQUITACIÓN DE XIS teña obriga, por razóns de confidencialidade, de facer coñecer o dictame negativo.

Os materiais serán remitidos a redacc@equitaciondexis.com co nome real do autor ou se o prefire, con pseudónimo.

Os traballos estarán escritos en lingua galega (norma libre) ou en lingua portuguesa (calquera das súas variantes) e necesariamente acompañados de dúas palabras clave cun breve resumo e unha extensión máxima de 150 palabras.


Dereitos
EQUITACIÓN DE XIS é unha revista cultural rexistrada co número ISSN 2174-5455.

A propiedade intelectual dos artigos publicados pertence aos autores .

Os dereitos de edición e publicación corresponden a EQUITACIÓN DE XIS. Poderase dispor libremente dos artigos e outros materiais contidos na revista sómente no caso de que se usen con propósito divulgador científico, educativo ou informativo sempre e cando sexan citados correctamente. Fica penado por lei calquera aproveitamento comercial.