Lírica medieval galega: AFONSO SOARES SANÇA

Equitación de Xis
TEQU Ilustracións e fotografía

Cabaleiro e trobador,  fillo de Soeiro Ares e de María Afonso, filla bastarda de Afonso VIII (non IX, ordinal utilizado pola historiografía española) de León e de Galiza (rex Legionensium et Gallecie) e Teresa Xil de Soverosa. Existe algunha documentación na que a súa liñaxe atoparíase na bisbarra de Tabeirós (Terra de Montes, Pontevedra), onde se levanta o Mosteiro de Santa María de Aciveiro.

Mosteiro de Santa María de Aciveiro
Parece ser que participou co seu irmán Pero Soares, na conquista de Sevilla (1248) pois na repartición do botín aparecen os seus nomes. Esta referencia sitúa a súa actividade entre 1225 e 1250. Por outra banda, en 1262 estaría aínda vivo, xa que figura no testamento da súa muller, Teresa Anes de Deza. 


Diste trobador só conservamos una cantiga de escarnio e maldizer na que una dona viúva dun home rico, aplícase o coñecido refrán "gato escaldado de auga fría ten medo", recusaba un bo partido, preferindo un marido aínda máis novo e robusto.

No Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa

Afonso Soares Sança fez esta cantiga d'escarnh'e mal dizer e diz assi:






Poren Tareija Lópiz non quer Pero Marinho:
pero x' el é mancebo, quer-x' ela mais meninho.

Non casará con ele nen polos seus dinheiros;
e esto saben donas e saben cavaleiros,
ca dos escarmentados se fazen mais ardeiros.
Poren Tareija Lópiz non quer Pero Marinho:
pero x' el é mancebo,quer-x' ela mais meninho.



No Cancioneiro da Vaticana

Non casará con ele, pola cobrir d' alfolas,
nen polos seus dinheiros velhos, que ten nas olas;
o que perdeu nos alhos quer cobrar nas cebolas.
Poren Tareija Lópiz non quer Pero Marinho:
pero x' el é mancebo,quer x' ela mais meninho.

Non casará con ele por ouro nen por prata,
nen por panos de seda,quant' é por escarlata,
ca dona de capelo de todo mal se cata.
Poren Tareija Lópiz non quer Pero Marinho:
pero x' el é mancebo, quer-x' ela mais meninho.