Lírica medieval galega: AFONSO FERNÁNDEZ CUBEL

Equitación de Xis
TEQU Ilustracións e fotografía

...los ricos omnes e fijosdalgo
del regno de León et de Gallizia
 que se agrauiauan mucho
por las pueblas quel Rey fazía…

Crónica General de España
AFONSO X

Lagoas de São Pedro de Arcos e Bertiandos

 Afonso Fernández Cubel foi un trobador activo entre a segunda metade do século XIII e inicios do século XIV do que só conservamos una interesante cantiga na que parece mostrar certa crítica a figura real. 


Até o presente, da orixe, da vida e do significado da composición diste trobador non temos máis dados que aqueles que nos ofrece Resende de Oliveira quen di que existiu: “uma linhagem com este nome referenciada no vale do Lima, em São Pedro de Arcos, Bertiandos, por alturas das Inquirições de D. Dinis (1288)”, que mencionan a un tal Estêvão Cubel quen ben puidera ser irmán do trobador. Tamén, por outra banda, Vicenç Beltran (2011), suxire que o rei suxecto da crítica na cantiga sería Afonso X ao aludir ao conflito acaecido no seu reinado entre el e os principais ricos-homens e fillosdalgo que, e entre outros agravios, rebelaríanse contra a política de repoboamento (nuns casos) ou de recambio de figuras más próximas ao monarca (así na Galiza). Algún outro autor indicaría que o monarca do que se fala sería Afonso III. Pola nosa parte tamén dicir, como se percebe na queixa que abre a composición pola creación dunha poboazon no meio das súas terras, que nos fai dubidar da súa orixe galega por ser Galiza lugar onde en ningún caso se levaron ao cabo repoboacións por non ser ocupado o territorio en ningún período histórico polos musulmáns. Como si aconteceu nalgunhas bisbarras de Asturias e parte da cornixa atlántica de Portugal.

No Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa

En calquera caso, a cantiga é un “fresco de escarño” que denuncia aqueles feitos, pero por non dispor de máis dados non podemos afirmar que o acaecido afectase directamente a Cubel,  pois ben puidera ser unha simple crónica irónica.


            De como mi ora com el-rei aveo
            quero-vo-l'eu, meus amigos, contar:
            el do seu haver rem nom me quer dar
            nem er quer que eu viva no alheo;
            e eu nom hei herdade de meu padre,
            e ũa pouca, que foi de mia madre,
            filhou-mi-a e fez-mi ũa pobra no seo.
           
        
No Cancioneiro da Vaticana
E noutra parte tolheu-mi as naturas,
em que eu soía a guarecer;
e agora hei coitad'a viver
e nom som poucas, par Deus, mias rancuras;
come quem nom come, ca o nom tem,
se lho nom dá, por sa mesura, alguém:
ai Dem', a ti dou eu estas mesuras!
 
Nom s'enfadou e tolheu-mi o testado
de que me serviam por Sam Joam;
e nom [mi] dam del valia d'um pam
nem mercê vem sobr'ele, mal pecado;
e pois que esto tem por bem [e quer],
gast'o seu cõn'o da[r a quem quiser],
e chorará quem mal dia foi [nado].
 
E ora faça el-rei quanto poder,
e eu servi-l'-ei quando for mester,
pero sõo mui [pouco] seu soldado.




A terceira estrofa e a finda están moi deturpadas polo que a súa interpretación e lectura é aínda máis dificultosa.