A circunstancial e admirábel Andanza do fidalgo Pretérito

Leonardo Santalla
Tana Riszar (ilustracións)

O cisne do rei


Quén é en realidade o fidalgo Pretérito?




O CORTESÁN HIDRATADO
os lenzos de bronce e arame de bostela
dilatan aos seminaristas de perfil dentado
a pesar da turbación do gardián de baba do bosque
aliado do tubérculo
instintivo
e do mastín do deber
o aristócrata xeado no baleiro do tarro de raso
o celo é excelente como panca
e moito mellor a crista do restaurante
con punto de vista persoal
obtura o modiño ebrio de tanto proxecto é un capeo
vostede pretérito entende en tal ocasión de estados de ánimo
demostrouse con coñecemento que non sabe ter coidado
polígamo de artefactos sen número
dixo con ledicia a articulación das trenzas

A VIRXE CAPTURADA
as legumes e as búsolas
o truco da sulfatación

O CABALEIRO SATURADO
as búsolas son desprezábeis
lémbreo por ser parábola predilecta dos convidados
perdín o cicel das nécoras no tren

O TALENTO EXPERIMENTADO
caramba en afeito os autores dos días e as insignias
integridade que sen embargo non ten vergoña

O CORTESÁN HIDRATADO
Eu
eu mesmo ao fin

A MEDITACIÓN
vostede mesmo ao fin

O TALENTO EXPERIMENTADO
setemesiño fachendoso de paixón gasosa
desvelado en por un bote de leite condensado
encubridor de peixes de doncela palliñas
satisfeito con inhalar
o aletárgante pigmento do engano
as orellas do violín
a hora das rodas da ofensiva ao vento
leva perilla

A SEÑORA INTERROGATORIO
o meu odontólogo tamén leva perilla

O CORTESÁN HIDRATADO
sae en busca dunha bala
a regra ou os bos cheiros
ou tamén as luces acendidas
para que eu sempre vexa as frechas
posíbeis sangue e desexo
zume de fe

O FIDALGO PRETÉRITO
Eu farei a transacción




O CABALEIRO SATURADO
Ten vostede as madas nos zapatos?

A MEDITACIÓN
D. X. D. X. D. X. D. X. D. X. D. X.
D. X. D. X. D. X. D. X. D. X. D. X.
D. X. D. X. D. X. D. X. D. X. D. X.

CORTESÁN HIDRATADO
o pincel inservíbel
os labirintos sexuais amolaron o voo dos avestruces

A MEDITACIÓN
a raíña da casualidade tira a cesta
por encima da varanda do taboleiro
a decoración no principal ten o casco fibroso
divertido violador da correspondencia
urde unha competición de patróns cóncavos para nos
contenda da desembocadura da insensibilidade
ao acordar enchufaron as sombras
sopas brunidas
medula
a torta e aleatorio esbozar un sorriso
bostela atávica
mexos da Graza
rectifique
o fluído con adornos no timbre
nunha mochila unha detonación
o buque insignia faise á mar cos cabos atados
á estatua da muralla
sen si mesmos os corpos resígnanse
alistamento e gaio  os postean
buque obsceno do guerreiro entre mentireiros
o rabo
vivas
o beneficio aumentando
ilegalidade do espasmo
e a Lama
Bendita
lazou
sibilino absurdo
dabondo colosal predilecto
procesión de exércitos embotellados
as persianas e as formigas

DAMIÑA CALMOSA
valor

A MEDITACIÓN
e outro touciño e unha esteira para tratar os nosos intereses
para sacar o bronceado férvase vostede
e sexa sumidoiro das guerras
feitos e só feitos
vostede é 100 por 100 vostede
sempre
diga
moito tempo

A SEÑORA INTERROGATORIO
alto

O CABALEIRO SATURADO
a primeira fila coloniza ao inocente

O FIDALGO PRETÉRITO
sede
unha figura axeonllada que non é un cepillo de dentes
nin un poema
xogan bocas co marisco
pero a orientación dun virtuoso perverso
e unha versión de stábat mater bronceado
de mérito citrino de balconciño nun chisco aceitoso
a psiquiatría para a ferramenta serpea nun saco




A MEDITACIÓN
levábao bordado nos seus dedos

O CABALEIRO SATURADO
o empaquetar de 35 en 35 os mentiras da guerra
torneiras de mentiras e latexos na pértega
alá el ten no chapapote mortal do desastre
o tronco de enxaboar

A SEÑORA INTERROGATORIO
E. B. E. B. E. B. E. B. E. B. B. B.

O CORTESÁN HIDRATADO
como os tirantes das montañas sosteñen os pantalóns
dos túneles ferroviarios
estaba con ela desanobelándose

O TALENTO EXPERIMENTADO
dorme o xeral o misterio heteroxéneo do abismo
o espírito das uvas os banzos do estómago
as canas
os alfinetes frescos
os testículos do saxofón
coitelas no café
o acantilado ruidoso das abelás
e o taboleiro xeado do navegante no amor

A MEDITACIÓN
caguei dentro das mesillas cardinalicias
dos eclipses da caridade cristiá
e nos catálogos das boas obras
o militar
o pedrazo enigmático
rosquillas e rosarios
a gravata das cifras e banzos agachados
ao fondo da falsísima