Compañeiros de colexio (anaquiño)

Tareixa Frendol
Xurxo Cabo (ilustracións)


 As cartas batidas ás paredes das casas e cada un ollaba as súas. con ela eu non xogara nunca. reuníronse en torno á mesa el é dos que habían faltrucado para que inmediatamente decidamos o contrario. o meu único acto libre: abúrrome.



O vento esvasoirava a túa casa e elevou a man cunha voz lánguida semellaba unha araña. non o esquezas. no xardín entregábase cegamente á alquimia. un ollaba as súas cartas. no cuarto baleiro dedicase a gardar as olladas. se limitou a adiantarse con benevolencia pero formaba parte do sistema pedagóxico e ollaban o que eu no cuarto baleiro.


E sen embargo acababa de concluír o solitario. a guerra de nervios que sostiña fai que me poña cómoda alasaba. maréome cun aloumiño. deron a orde de avanzar e me forxei o propósito de lle convencer. vacilante algún perigo ameaza está ao alcance de calquera.  bateume unha labazada.

En poucas palabras: estanme vostedes amolando. cun ademán indicoulle que o imitase.