O Interminábel (diálogo)

Loman T
TEQU (ilustracións)
 

O Altofalante
Co meu estar caníbal, pasado da proclamación, eu dígolle a vostede que no fondo representa a vida como as mazás fritas. E está vendido igualiño ca honra? Está ben, non diga nada se non quere. Esta tarde o dado lanceino para nada.  Considere algo do dito, pois este sitio pequeno do tempo vai cheo.
 
O Testemuño
Entón, iso comezará outra vez, sempre tosquedade, obscenidade...? En vez de que vostede aprenda a expresarse en español !
 
 
O Altofalante
A Obscenidade existe soamente na súa pobre imaxinación, eu non teño agachada ningunha obscenidade. É a vida unha obscenidade ? Facer nenos é obsceno ?
 
O Testemuño
A vida é unha cualidade fermosa.
 
O Altofalante
...ampere por hora si ! Un bo fósforo e unha fermosa pipa, son a mesma cousa, ou unha vitoria fermosa que fose obtida cun carriño de hipermercado cargado de sopridos.
 
O Testemuño
Imposíbel ouvirnos, vostede etiqueta a todos os que veñen detrás de vostede con ideas.
 
O Altofalante
...comprendo que vostede non ten ningún gusto polas glorias nacionais ! Desexa vostede que lle diga o descontento que estou con todo o que non é ceibe ? Se que eu non sento ningún pracer cando como bocartes, pola suavidade dunha couce; vostede síntese como que o frac é vostede.
 
O Testemuño
...vostede desexa dicir porqué esta a desafiar o meu ego de frac ?
 
O Altofalante
Porque vostede é serio, polo tanto idiota.
 
O Testemuño
Non vexo moi ben...
 
O Altofalante
Este artista ou este home da clase media, é soamente un inconsciente xigantesco, el toma a súa timidez como se fose honradez ! As súas caridades e as súas admiracións, meu querido señor, son máis mérito que as chucas dos seus xogos infantís, son equivalentes á blenorraxia que vostede distribúe cun sorriso aos seus novos amigos, baixo o pretexto de os iniciar no temperamento oceánico do amor.
 
O Testemuño
É imposíbel que continúe comprometéndome cun individuo tal como vostede, e convídolle a todo o que vostede me pida, as miñas testemuñas son os lugares que vostede tanto desexa que existan. O malo é que vostede o que quere é saírse do tempo e permanecer en movemento, lazado a esa creación inventada por vostede mesmo.
 
O Altofalante
Naturalmente, vostede e os seus está aterrecidos ao ver como o vento ergue a saia das súas mulleres e que podamos ver o seu sexo ispo; o seu pelo tamén celmoso, os seus beizos palpitantes e húmidos; vostede ten unha lupa de aceite i é un dos poucos que pode gozar do espectáculo, o outro é un camaleón asmático, que ten que pagarlle unha pequena cantidade a vostede para que o acompañe nesa divertida expedición. A carraspeira é para os imbéciles.
 
O Testemuño
Eu non entendo de saias nin tampouco non son un home !

 
O Altofalante
Oh ! os pantalóns ou saia, son a mesma cousa, é soamente o sexo o que muda a situación e o seu gozo, pero no país da identidade e as súas similitudes non poden mudar nada deste achado tan atractivo para obxectos como nós.
 
O Testemuño
Pero non hai nada falcado nesta realidade, o vento inventa olladas ao seu paso.
 
O Altofalante
Ten razón, non hai nada falso nin aquí nin alá.
 
O Testemuño
A única imitación que existe, semellase a min...
 
O Altofalante
A imitación é verdade, un xardín de celuloide. É verdade, unha pena fala como un papagaio, cristal que tamén é de verdade, unha ovella salvaxe é sempre principio de verdade.
 
O Testemuño
Vostede non me dirá a min ca mangueira da auga é de verdade ?
 
O Altofalante
É a Mangueira quen lle fala, ela é todo, vai incluído no seu razoamento de calquera cosa, está dentro de todas as relixións, pode ser calquera vitoria recente, vive no espazo e non no tempo. Señor do perdón, o testemuño da nova guerra que vostede desexa ?

O Testemuño
Son galego de Galiza.
 
O Altofalante
De Galiza.
 
O Testemuño
Si de Galiza.
 
O Altofalante
É verdade, hai galegos de España, de Arxentina, de Cataluña, de Francia, e os que son como vostede e certos habitantes da terra, que se creen rusos, americanos, alemáns ou ingleses e que tamén son de verdade. En verdade vostede ten un gusto extraordinario polas viaxes en dilixencia.
 
O Testemuño
Patrioteiras e pobres.
 
(Sopra no altofalante como se soprase no caño recen disparado dun revólver).