Sen destino

Horacio Castro Dieste
Lois Louré (Ilustracións)






I

Colocou algunhas pedras planas no chan de terra prensada para pór as caixas cos seus libros e protexeunas cun plástico. Colocou unha tina de auga no cuarto e mandou construír unha mesa ao carpinteiro da aldea.

Mentres, entre a bruma contemplaba despreocupado a chaira do sur. Ela viría pronto á súa terra. Tomouse de vagar a súa cunca de café de pucheiro. Tombábase só na enorme cama de madeira e non tiña que preocuparse de se falaba en soños. A construcción dos novos sons que soñaba impresionaríano moito ao espertar.

Meses máis tarde tería que vivir con ela entre os labregos. Tería que vélos ir a traballar aos leiras. Entón sacaría os atados ás caixas dos libros. Tiña vontades de ler libros que lle afastaran do seu entorno. En troco, pola noite nas casas dos labregos todo estaba a mouras. Non emprestaba demasiada atención ao que lía. Eses autores vivían nun mundo moi diferente.

Era a estación das chuvias. Decidira pasar a vida paseando e sentado ao pé das árbores. O home é como a planta. Aquel compañeiro de clase entendía as cousas moito mellor que el. Aínda lle quedaban días libres por diante.

Mercou leña para varios meses. Alá ao pé da montaña que imaxinaba suxeitar coas dúas mans. Mantiña os brazos estendidos para ter o libro afastado dos seus ollos entreabertos. 
Balbuciu algo e deixou o libro sobre os seus xeonllos.

Qué libro de astronomía está a ler? Gusta da astronomía? Preguntoulle o cura da parroquia. Nos buratos onde se refuxiaban os insectos atopou papeis con anotacións. Nos buratos que deixaran as balas...

Despois de follear o libro sen gran atención mentres trataba de iniciar algunha conversa, devolveullo desexándolle pasase un bo día.


II 

O vello aínda tiña unha voz sonora, pero robusta. Nun charco aboiaban as anchas follas... da aldea.

Tanto se nota?

O vello inclinou a cabeza e non dixo nada. Nos campos, durante as pausas que facían os labregos para se refrescar e xantar brotaba algún sorriso.

…que semellaba ser unha persoa culta, dixo o vello. Era na época da República. Na cidade, os profesores vestían traxe e gravata o mesmo que os alumnos. O vello explicou que o enviaran a estudar a Madrid cunha bolsa do goberno e que obtivera un Diploma da Universidade Central da capital.

E qué estudiou? Ren, morreranme os pais e tiven que voltar para ocuparme da miña irmá atrasada e do seu fillo, froito dunha violación dun descoñecido.

Entón ao voltar casou cunha da parroquia, labrega coma el para ter fillos, traballar e emigrar a América.


III

A noite seguinte pensou nela. Mesmo tamén tería un soldo como mestre diplomada. Esperaba que ela reflexionase seriamente e dese unha resposta clara. Do único que non falou na carta foi de amor. Sentíase contente.

As follas do vello castiñeiro que medraban diante da xanela caeran. Ao comezo do inverno recibiu unha resposta dela anunciándolle que iria xunto del cando empezaran as vacacións do nadal no instituto onde daba as clases. Por fin, viría á aldea.

Ese ano fixeron a matanza moi tarde. O río secara no verán, e as mulleres non podías ir lavar as tripas até que non houbese auga. Antes, os homes e os nenos subiron á montaña a cortar leña para o inverno. Agora el preparábase para a recibir. Non tiñan moitos quefaceres de momento. Anque aínda non estaban casados durmirían xuntos no cuarto, supuña que a ela as falas da xente non lle importaría. Se ela estaba de acordo, non sería necesario preparar unha enchente como era tradición nas aldeas. Non embargantes, na súa carta ela non dixo claramente se quería casar con el.

Na vila, ergueron unha construcción dunha nave que sería a parada  dos autobuses de liña. Cando baixou do autocar... Estaba morena.

Tiveches boa viaxe? tomara o tren, un autocar, logo outro. Estaba un pouco alterada pero permanecía natural. Estaba sorprendido. Apertada contra o seu corpo como se se amasen desde facía anos, como se fose a súa muller. Axudaríanse o un ao outro para tentar saír adiante. El sentouse fronte a ela. Tiña os pés mollados. Sacou os zapatos e arrimou os pés ao lume.


IV

O mellor daquela aldea da montaña era o serán. El dixo que despois do verán podería pintar a casa e mercar madeira para fabricar un falso teito. Ela explicoulle que alá onde traballaba a terra era amarela e que calquera rastro de verdor desaparecera da paisaxe. Non embargantes aquí, mesmo o tempo semellaba verde. El díxolle que na aldea os dous abrirían de novo a pequena escola e que falaría cos funcionarios do concello para que a trasladasen alá.

Foron andando até o pequeno café da vila e pediron algo de xantar. Os labregos da bisbarra xuntábanse o redor das cinco mesas grandes que había na planta baixa e mentres descansaban barullaban en voz alta. De costume, xogaban interminábeis partidas de cartas. Desde aquel lugar tamén podían ver polas xanelas aos veciños da casa de en fronte.

Unha tenda de teas. Tamén existía outra tenda onde se vendía aceite e cereais. Baldes e aixadas. Por último, unha botica onde rara vez chegaban medicamentos traídos da cidade. Alá podíanse atopar todos os productos de primeira necesidade.

Despois da comida preguntoulle o que lle gostaría mercar. El mercou unha sabana de liño para unha cama dobre. Ela non se opuxo e mesmo o axudou a escoller. Non tiñan outra eleizón.

Na aldea, ao serán e mesmo de madrugada no bordeado de lousas esbaradizas as mulleres lavaban a roupa. As ras permanecían en silencio.

Ela dixo atoparse cansa anque o axudou a facer a cama e colocar a funda da almofada, que estaba decorada con nós mariñeiros. Foi a primeira en se deitar pedíndolle que apagase a luz. Dela só tiña as cartas que lle enviara. Formaban dúas existencias perdidas nese lugar. Amaba-a? E ela? Ela entregouse deixándoo facer o que quixese en silencio. Logo, tampouco lle dixo nada e se durmiron. Tiña unha muller. Bo, alomenos non tería que casarse cunha labrega. Naquela aldea, en verán as mulleres provocaban e gracexaban cos homes. Non o soportaba. A diferencia dos campesiños que eles si se divertían con elas. Todos rían a gargalladas cando sorprendían a unha parella que escapaban correndo suxeitando a roupa coas mans.

Non te dás conta o bonitas que son as mulleres de aquí? E ademais poden facer todos os traballos do campo. Unha muller así é o que te convén, dixéranlle antes. Pero cando vía ás mulleres maiores da aldea imaxinaba no que se ían converter estas mozas co tempo.
Cando abriu os ollos ela adquirira unha pouca de cor no seu rostro e sorría. Non era unha rapaza moi guapa. Apoiado contra o seu peito, acariñoulle un seno. As súas pernas dobradas acabaron separándose. El tiña que refrear o seu desexo.Beixouna. Ela respondeulle coa lingua entre os seus doces beizos. Ela amábao e bateu contra el o seu corpo tenro. El emocionouse. Érguete! Quería demostrarlle que o amaba. Sen se preocupar de nada máis.


V

O día do casamento foi abondo ledo. Ela comezou a borboriñar unhas cancións de cando era nena. Tiña unha voz bonita, moi clara e el levou unha grande sorpresa.

Cunha voz así vale a mágoa vivir!

No exterior acudiron uns nenos, logo algunhas mulleres. Deixou de cantar. Todas as mulleres comezaron falando á vez.

De onde ven a noiva?

Onde viven os seus pais?

É a miña muller. Casámonos. Aproveitei para a presentar a todos os veciños.

Lévate unha pita se queres!

Cando necesitedes verdura!

Tomade os ovos!

Xa non me sinto un estraño e xa case perdín os prexuízos da cidade. Terás que cantar para todos, lle dixen a ela. Esperáballe a felicidade. Alomenos esa noite non lle faltou. Ao anoitecer do día seguinte viñérono buscar para o fusilar .