Amosando publicacións coa etiqueta 3 Primavera 2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3 Primavera 2011. Amosar todas as publicacións

Hugo de Santalla. Tradutor e protocientífico galego (I)

Manoel Toural Quiroga
TEQU (ilustracións)


Hugo de Santalla

Fixémolo así, pola necesidade
de atopar a verdade

Hugo de Santalla


Se por un lado a lingua é atributo de homoxeneidade dunha comunidade nacional, polo outro a tradución que fixo posíbel a descuberta doutras realidades ao formar parte da comunicación entre os pobos, constitúe unha das ferramentas garantes da igualdade política entre as distintas linguas. Ao longo do tempo, esta actividade deixou tal pegada que foi guieiro para o coñecemento dos progresos materiais da sociedade.

Hugo de Santalla encarna a unha das personalidades máis significativas e á vez descoñecidas da cultura do século XII, ofrecéndonos diversos ángulos para o seu estudo. Nun primeiro achegamento, descóbremos a un dos máis importantes tradutores de textos do árabe ao latín, foi así mesmo alquimista e o primeiro en introducir en Europa a vella tradición ocultista e esotérica da adiviñación procedente de Oriente. Convén resaltar que a actividade de Santalla despregouse un século antes da infundada escola de tradutores de Toledo.

Aproximarnos ao coñecemento deste intelectual e protocientífico de Galicia supón todo un repto, máis aínda cando as fontes dispoñíbeis son mínimas e moi espalladas.


A condición da muller na cultura simbólica

Iolanda Dessensberger Dacal
Nadia Delli (ilustracións)


Mulleres danzando entre elas


De todas as criaturas que teñen vida e intelixencia,
nós, as mulleres, somos as máis infortunadas.
Di a xente que as mulleres levamos unha vida
sen sobresaltos nin perigo no lar, mentres os homes guerrean.
Engánanse. Eu preferiría combater tres veces
no campo de batalla que dar a luz unha só.


Euripides

Cisnes, ocas, parrulos e pombas forman parte da linguaxe simbólica dos mitos que foron recriados orixinariamente como parte dun cerimonial carnal, en algúns casos xustificativo da violencia de xénero cara a muller. Tamén atopámonos a estes animais plasmados na iconografía e nos manuscritos da antigüidade así como nos textos sagrados da relixión xudía e cristiá.

En calquera caso, as múltiples facetas interpretativas destes animais permítennos apreciar unha variante que até o presente foi pouco valorada e que nos revela, máis alá do seu indubidábel valor estético, o carácter sexista e opresivo no que vivían as mulleres das primeiras civilizacións.

Sen destino

Horacio Castro Dieste
Lois Louré (Ilustracións)






I

Colocou algunhas pedras planas no chan de terra prensada para pór as caixas cos seus libros e protexeunas cun plástico. Colocou unha tina de auga no cuarto e mandou construír unha mesa ao carpinteiro da aldea.

Mentres, entre a bruma contemplaba despreocupado a chaira do sur. Ela viría pronto á súa terra. Tomouse de vagar a súa cunca de café de pucheiro. Tombábase só na enorme cama de madeira e non tiña que preocuparse de se falaba en soños. A construcción dos novos sons que soñaba impresionaríano moito ao espertar.