Primeiras andoriñas



Gonzalo Aleix

Helene Suhr (ilustracións)





Un home máis de terra que aproxima a súa sombra a realidade dunha xordeira dubidando entre ser a mar o a cadea.



No seu niño o tempo coroa a lama
Soidade irreparábel que se soña
Pracer de fume onde eras instante
Muro sen amor branco como unha neveira
Que o vento arrastre desfacendo
As posíbeis sombras das lembranzas.


A auga instante de lámpadas na escuridade
A bruma dende entón convertida en río
Desde entón sorriso cego con dúas asas
Como o esquecemento como o amor a derrota
Outra cousa buscando lentemente o mediodía
Farémonos sorrir mentres os anos
Se agrupan invocando á chuvia
Chamando á chuvia a beleza do peite
Só sabemos irnos co sollar da verdade
Como o home tan minúsculo entre a rabia
dos abanicos de cinza de cómo querer saber
A verdade a tristura sobre todo o eco
Onde me atopo agora riso e soidade
O deserto que nunca tivo soño
Non pode ensinarche o teu
Pero estás comigo entre os ferros
dun momento para alegrar o cansazo.