TEQU (ilustracións)
Das que salen os homes convertidos en fume.
O home torpe
a esmola
eu mesmo
cara domesticada
acenos
sen boca
sen mans.
O silencio
e o ruído
a mesma caixa.
Libros sen lingua
rimas con pantalla.
Traereiche un carrusel do ben e o mal
algunha nube e moitos obreiros
que esqueceron facer folga
entón datas sen loita
esqueletos e alfombras de fame.
Descóbrete !
Pasan eles
co seu medo
e ca túa dignidade
enlatada e numerada.