Lírica medieval galega: ABRIL PÉREZ

Manoel Toural Quiroga (Ilustración)


Xograr galego activo na primeira metade do século XIII, ó servizo da poderosa familia dos Sousa, se é correcta a súa identificación cun tal D. Abril jogral citado como testemuña nunha venda efectuada por D. Gonçalo Mendes de Sousa en 1221 ó mosteiro de S. Vicente de Fora (Resende, 204).

Con anterioridade, establecéranse outras propostas: Michaëlis ( CA II, 298-300, 655), e con el a meirande parte dos estudosos, identificárao co nobre portugués Abril Pérez de Lumiares, neto do primeiro rei de Portugal, Afonso Henríquez, que confirmou documentos entre 1218 e 1244. Pola súa banda, López Ferreiro, 355, vira nel un burgués de Compostela que aparece nomeado no testamento de Abril Fernández en 1269. A súa relación literaria con Bernal de Bonaval semella apoiar unha orixe galega, pero a cronoloxía que se desprende da colocación da súa tenso invalida esta identificación. Ademais, o feito de que se dirixa a Bernal de Bonaval cualificándoo de Don sinala máis ben unha orixe xograresca.


- Abril Pérez, muit' ei eu gran pesar
da gran coita que vos vejo sofrer,
ca vos vejo come mi lazerar
e non poss' a mi nen a vós valer,
ca vós morredes como eu d' amor;
e pero x' est' a mia coita maior,
dereito faç' en me de vós doer.

- Don Bernaldo, quero-vos preguntar
com' ousastes tal cousa cometer
qual cometestes en vosso trobar,
que vossa coita quisestes põer
con a minha; que, quant' é mia senhor,
Don Bernaldo, que a vossa melhor,
tanto me faz maior coita sofrer.
 
No Cancioneiro da Biblioteca Nacional (Lisboa)
- Abril Pérez, fostes demandar
de tal demanda, que resposta non
á i mester, e conven de provar
o que dissestes das donas; enton
mentemo-las, e sabê-las-an,
e, poi-las souberen, julgar-nos-an;
e vença quen tever melhor razon.

- Don Bernaldo, eu iria ementar
a mia senhor, assi Deus me perdon,
se non ouvesse med' en lhe pesar;
eu a diria mui de coraçon,
ca ũa ren sei eu dela, de pran:
que, pois la souberen, conhocer-lh'-an
melhoria quantas no mundo son.
 
No Cancioneiro da Vaticana
- Abril Pérez, os olhos enganar
van omen das cousas que gran ben quer;
assi fezeron vós, a meu cuidar;
e por seer assi com' eu disser,
se vós vistes algũa dona tal
tan fremosa e que tan muito val,
mia senhor é, ca non outra molher.

- Don Bernaldo, quero-vos conselhar
ben, e creed-m' en, se vos prouguer:
que non digades que ides amar
bõa dona, ca vos non é mester
de dizerdes de bõa dona mal,
ca ben sabemos, Don Bernaldo, qual
senhor sol sempr' a servir segrel.