Soidade
de arxila, o teu sorriso agachado no corazón, nacida no cume onde oirás amor e
quizais entón, os pasos dos días converteranse na xema recen adiviñada das
nosas pegadas.
eles eran novas sombras queixas palabras
un arume a verdade de ter sido novo
é non ter sido a súa sombra esquecida
como unha deusa es a lapa ou figura do Greco
chamada e presenza o Greco de novo
lúa e fame que queima
gonzo sen sangue veme
mensaxe e noite lúa nas túas costas
co seu beixo de solpor un dardo
faixa do vento aquel pasado
estamos a ser bordo
sobre todo lóstrego e abismo ouvíndonos
novo sentido o dardo a lapa
o Greco entreabre unha man de cores
lume extinto silencio agonía no teu peito
a soidade o silencio nós
un día agora escoitándonos repasándonos
o corpo baleiro o presente sen dúbida a dúbida
están entre os teus beizos os coitelos
a brasa dos teus belos ollos agonía de pedra
beira salgada do amor o mesmo eu
serme mar e ti esta limitación da verdade
como un aceno esbranquizado que pasou de présa
que sabemos medir aquilo na xema de mañá