Mª do Mar Calín
(ilustracións)
Unha
demostración de que poseer un elo é un delicto: para no ser maculado. É un
crupier.
Unha
rapaza pequena ou un pequeno rapaz, oculto polo seu propio sobaco cotián,
lanzar orneios ante a caneca que vai enzopelando co vento, e os mil imbéciles
da voz pública recollérona para a facer estoupar.
Arte
punto. Hai así unha arte infestada? Hai un anaco de creación que pola súa
natureza física inventa un antiséptico onde o seu dominio sexa o das
características responsábeis e abisais. O que baixa polas pernas deste alcohol
e se converte na súa propia pele evidente. Alcohol e arte de esmorga.
Todas
as medallas e decoracións da gloria sen saldo construíse en aparvamento ou
faise cisco en iteracións e outros puntos, e foron brunidas soamente con
tarifas angustiadas.
Os
períodos tradicionais resultan de Grallidos, de Istmos, de Flatulencias, de
Arabescos, de Cantos. O tempo orixinal ven das Virillas, de Escaparates, do
Aletargamento e moi recentemente do Bochorno, da Polinización, da Xaqueca e do
Espantallo.
Debe
ser considerado así? que venden vos lacóns polo mundo adiante así como, os
desertores xunto coas súas enfermeiras. Prosperidade beatífica.
Pero
qué unidade cotián será o molde da arte punto e infame apalpada pola decencia?
A castidade selada é puntillosa para engaiolar sen se extinguir sobre ela
mesma. Un copio de diferentes mercadorías mentres a voluptuosidade
infranqueábel ten un arume tal como que un non se poden confundir sabendo que
no mundo enteiro, na orixe, nesta síntese, e que un di Ameazador a o Futuro:
"pois son apetitosos. Os veos do gusto desesperado!".
O
Maníaco non é cándido. Pero tampouco é vingativo, el non está de ningún parte.
É unha enfermidade casual, unha pandemia? É enumerar.
O
feliz será escorregado dos dedos da aventura. A flanela ten gustiño moi de
outra partida de xadrez. Certamente, os desafiuzados, se vostede a rece das
moralexas da súa esposa, da educación dos seus nenos, da harmonía da súa cociña
e da fidelidade das súas baboseiradas, da robustez da súa butaca, da súa orde e
paseos establecidos, da organización da súa casa, da chave da mesma e da
seguranza do seu Estado, vostede ten razón.
Pero
por o qué seguir aí?
Descompóñenlle
e o lume esta encerado.