Escasa marxe onde poder agruparnos sen ter chegado a ser presentados. previamente a esperanza é así unha pequena mouta de po onde poder apoiar todas as nosas lembranzas anteriores. o escaso coñecemento que tíñamos de todas as cousas era tan limitado que non sabíamos como poderíamos defende-lo en caso de sufrir unha agresión no noso método de busca. esperanza e desilusión viñan a significar o mesmo antes de que ti chegaras, fun capaz de me enrellar co primeiro suxeito que me atopei pola rúa, sabedoría alá onde todo comeza a ser dilapidado por principios e consignas que non teñen nada que ver contigo, miña metáfora dislocada.
Así e todo a realidade é que o tempo seguía
pasando e aínda non chegaras, tristiño souben despois que che esqueceras da
nosa cita o souben ao ver que pasarían varios anos antes de que volvera a saber
da túa existencia. melloras e poboacións cando todos os resultados indicaban
que ti non esperabas nada daquela comparación á que che habían sometido aqueles
cidadáns, inventados polo sistema que eles mesmos inventaran para que estivesen
sempre ben controlados.
Sentín pasos mentres soñaba, agora sei que
eran os pasos do amañecer sempre dispostos a xogarnos un mal pasado no noso
descanso, se ti o sabias non entendo como non me dixeches o que pensabas facer.
estou aí tan nu como un cordón dos zapatos e ti queres que eu non me agache de
nada sobre o que pasa pola miña cabeza e isto é o que estou tentado, aínda que
che seguro que non é nada doado.
Esperanza e esperanzas é o último que
podemos esperar cando a insatisfacción que sentíramos, despois de que nos
vísemos, sempre é a mesma. veremos o que acontece a próxima vez que nos vexamos,
sinto ese sen razón tan dentro de min que non sei o que pasaría se nunca máis
puidésemos atoparnos e dicirnos o que sempre nos dicimos e facemos, será que a
miña vida non é completa se ti non formas parte dela, isto é o máis semellante
ao amor e non debemos esquece-lo nunca, pois teño tantas... ía dicir esperanza,
que tamaña parvada pode afastarme de ti, os dous sabemos que o futuro non
existe e para camiñar, e a única vez que con toda seguranza sabemos que estará
aí, será para deixar de existir. agora estou agachapado na semente dos recordos
recentes pero tamén sei que estes non serven para nada.
Agora tratase de ver como se pode iniciar un paradoxo no último confín das pegadas da separación, onde os homes acostuman agacharse antes de se atrever a saír dos seus covos arquetípicos de silencio. seria posíbel que os toleados atropelos a que son sometidos os cidadáns sexan capaces de atopar unha atmosfera propicia para o entendemento entre as diversas murallas que conteñen as súas conciencias.
Dar unha pequena satisfacción ao corpo é
posíbel se es capaz de suxeitar a pestana da xirafa ao arame dos soños. todo o
que non se pode desexar é unha mentira que hai en cada un dos resultados
obtidos pola belas rapazas que viven nos meus soños, cando toda a conspiración
dos inimigos do silencio é unha estancada e podre estulticia de algo que algúns
poderosos, para nos manter agachados e calados, chaman pecado.
Será así como eu o digo cando aínda non
sabemos que é o que se profire, o pequeno dictatorzuelo do noso eu.
Non hai nada na meditabunda exclusión titánica de todas as mañás á hora de se erguer. é todo posíbel pero sen embargo non sabemos como se pode atopar a dita no encontro de dous corpos que se buscan.
Antes de a ver estaba convencido de que ela
estaba esperando á saída do colexio como todos os días en que el asistía a
clase, os domingos era diferente pois aqueles inmisericordes curas obrigábano
asistir a misa todos os días festivos, isto non lle importaba moito pois lle
permitía reencontrarse con ela e admirar o seu corpo e as súas ledas palabras.
todos o sabían pero ninguén se atrevía a manifestar en voz alta que estaba tolo
por ela.
Lembrábase, porque así o lembro eu, daquel
primeiro beixo que se deron unha mañá de domingo ao volver a casa cos seus
amigos e amigas, fora un despiste mutuo pero os dous desexábano con igual
intensidade, en días sucesivos comezaron coas caricias que segundo foi pasando
o tempo foron máis profundas e estudadas. cada un pola súa conta e na soidade
dos seus respectivos dormitorios familiares inventaban novas caricias que lle
ofrecerían ao outro no momento no cal estivesen sos de novo. pasaran moitos
anos e seguían modelándose coa mesma intensidade dos primeiros momentos, por
fin conseguiran ser un esa bendita unidade tan buscada individualmente por
distintas culturas ao longo do tempo. tendo renegado do futuro e das súas
posibilidades, eles conseguiran existir con plena conciencia a súa unidade a
modo de número infinito.