Xan Seom
(ilustracións)
son nun
pacote coralino
trémula
nube de lugar
círculos
sen teito
onde vai morrendo
o
xogo
polo seu silencio
e os sentidos na orella
silandeira
dous
xinetes de chuvia
axudámoslles
a depositar
a palmeira
da luz
que se
desdobra
cando se
sente
a súa
silenciosa linguaxe
e no
trenzado das frechas
a
mortalidade dunha sombra
a furia da
auga
dos beizos
do tempo
é copa de
fíos