Seminaristas persignándose e comendo lagosta (3)

Alfredo Fillar
TEQU (ilustración)


Escultor Marco Augusto Dueñas. Catedral de Madrid

Continuación

5

cos ollos unha boca e unha nariz
embaixo do estrume das moscas
cas flores pequenas necesitan
na superficie dos pantanos
respiramos dos seus nós
da luz que cega o entusiasmo
da curia luxuriosa do solio grelado
nas tetas da enfermeira
as que sinalan a esta señora como máis bonita
cas almas da modernidade
de ouro falso amoblan os oídos dos seminaristas
as miñas impresións da nenez
unha vez especialmente os exercicios da cunca
de fonte de madeira nun garavanzo
como se axeonllan os corpos nos casamentos
os pescados lixeiros dos rapados
nunha pedra onde o movemento
é unha lámina de aluminio de acacia
agradábel encontro dun baldista
declaroume que era delirante o silencio
pouco por pouco era atrapado pola atracción
da insónia dos soños
polo bambeo do calote pérfido
ocultado nas chamadas imposíbeis
dos grilos paixón que me fascinou
abusando do reloxo das fontes
que fai que sexa de outros o peto
do traxe novo o que ten un buraco
a ver a roseira silvestre do raiano
cabelo da túa caluga tenra
a súa capa de pele baixo a xerarquía
dos dedos do mar enmascarado
vivo a miña vida debilitada e esfragada
desde fai tres días coa natureza
do po dos séculos
sabe ca vida non ten cabeza
taxo necesario ao amor caritativo
arabesco aventureiro do beixo
nos peitos nerviosos
sui generis da tradición cara o mar
unha deusa dime que o seu caracol me busca
o xacemento morriñento imperceptíbel
da pílula das relixións
ventilación ante o estupor do lume
encanada teño a textura da auga
na luz das candeas as tapicerías
son pequenos nervios comprensivos
e a miña casca de ovo abafa a bouba
detrás das casas a reputación loubana
despois de cear as bocas molladas e inmóbeis
como a chuvia nos retratos do teu ventre
nunha cor irrespirábel de parede e sexo
das lendas enmascaradas
que a imaxe das columnas xigantescas
onde os séculos arrastran o ex abrupto
o redor dunha corrente agarrotada
na arquitectura da nosa fecundación persoal
onde a vida aspira neste ambiente armelado
plástico soamente a epopea rápida da papoula
os artistas uniron á xente encantadora
ao Espectador da arte
non teño un peso para mercar arte ácimo
soma todos e permanece alá
vai ate acariñar os teus mualos
a tocar todo esa quente herba que sublimada
ten claramente aos microscopios cerimoniosos
sementados do olor das castas grises
moi desveladas urinando na avant-garde
da anti-física melancólica do instinto
onde a noite irrazonábel como os intereses
e os padecementos suaves das ondulacións do sol
breviario das demostracións
casa enchoupada de desexos da clase media
cun cono de papel ten sons
o armario esparruñase coa danza simbólica
do ventre do sistema baldadiños de xeo
en forma de princesas e príncipes
segue habendo cabalgatas na mímica imaxinaria
dos hoteis para tolos proporción individual
a cara humana asemellase a unha xanela
sospeitamos do ático e do símbolo da letra
os mariñeiros pecan sen que ninguén o saiba
acordar boca en riba entre os unicornios
os ferrocarrís subterráneos e íntimos
estiran os números como unha xoia rara
interminábeis matices discretos de Florencia
son gravata ao lado da lata da arte e da beleza
unha das palabras raiola entre os lategazos
do océano Atlántico cono azul
unha man ou un rubí desvírgate en poucos minutos
para ulir un anel de cabelo apocalíptico sedoso e luxurioso
tirado diante dun público minúsculo
os instrumentos da visión bordada
regula de 30 centímetros dentro da miña cabeza
que soña con multiplicacións inevitábeis
dun sexo e dunha idade coa pía bautismal rota
socorrista dos billares do encrechan dos colibrís
unión de factores ante o chumbo enxeñoso
pero ti sabes ben que iso non é serio
as exposicións de pintura aseméllanse
a un rexemento de escravos e entre grandes látegos
teorías dos confesores onde se machucan os soños
porque o equilibrio Arcebispal non é aplicábel
aos eixes populares e á virxindade das doncelas
para as mulleres é unha brincadeira e un proxectil
porque as virxes se asemellan a un asubío mercenario
incapacidade do teatro para as moralizas
da clase media onde vexo soamente preguntas
de covardes e macarróns hixiénicos
6

quen se asemellan así
aos vinte cinco anos de caricias
o redor das frechas do calendario
os nenos alcohólicos e desobedientes
con sinxeleza desprezan a preocupación
nas tendas dos capítulos da ilusión
pon o metal imposíbel nos lernos
que son a resonancia do teatro sen imaxinación
na prolongación romántica de moca moca
o sopro das treboadas son un pneumático
desfigurado por unha serenata de brados
de moda descubertos na turbulencia cuarteada
dentro dunha casiña cadrada
os homes naufragados na beira
agardan na camiñada por algunhas pezas
dos calígrafos en anfiteatros cómicos
das membranas mucosas
todas as reflexiones se rin cos pingallos
no iate no silencio crepuscular da candea
un punto longo e a persoa teimada cos pares
untado nas procesións relixiosas
estrumamos os piadosos disparos
que hai fronte a min
os feitos mudan aos diferentes xogadores
sen fíos telegráficos do fósil morriñento
do tam-tam e da insolación
na desconfianza do dramatismo de as armas
dos desfiles marcados cun pánico sutil
nadan as estrelas prohibidas dos embaixadores
entre cenas de traficantes de motores
alta velocidade do empresario das aventuras
cortafríos absoluto do baleiro atlético
nun pedestal de ar onde se ofrecen sopridos
nos movementos vos medide do ciclón
entre gravados de calzado no parasol do avestruz
que o comisario da hora ten
un dedo na súa boca como comestíbel
ventila rañaceos cos homes quentes
na sociedade dos talentos do nariz
denigrante oferta superficial de comparsas
da paisaxe dérmico as ilusións custosas
un heroe diante dunha muller
é un ser superumeral como lagostas
os pos e as herbas altas
calquera home a cargo destas misións
teñen ollos nerviosos como a cabalgadura
adicional dos acenos fermosos
sospeita co ouro azul do ceo torto
no enderezo da indulxencia artificial
fai un mes unha luz na estrela tirada
e un irregular intre a miña xanela mecanografada
coa miña porta baixo o nome do estómago
o seu cara enenvoltada nun amplo veu saltado
tirado na terra pero era unha fotografía presente
e o pasado odioso que reduce as horas a graos
que non son abondo para producir
con éxito os chalecos prisioneiros do hospital
sen os botóns os pasos do can lobo
nos tiran licores mais astutos que os soldados
delicadamente reparábeis nos seus envelenamentos
o acontecemento da miña vida ocorre como unha salsa
onde os latexos do meu cárcere
e azoutamos os gatos para nos lavar nas súas caricias
ti verás soamente un destes interminábeis destinos
con un colexio de rapaces internas
dun país sen especificar
aquí está o señor e a señora
este século ten un encanto raiado e infectado
se converte na inútil conca da nada
posei só mocos cando un quixese
que a interrogación simplifique o azar
da hixiene sen que non tivese o sixilo
este desinfectante o amor
non é el no coxín
recoñece humildemente que ti
non es inconsciente ante os heroes malignos
na sensualidade exacta dos momentos poeirentos
ademais para as virxes de xeito romántico
na crema setembro vístense coa vainilla
ou contracción tola das bocas
embaixo do pseudónimo da vitoria
na natureza das follas que caen
onde se agachan as adiviñanzas da corrupción
que fan que a nosa vida baixe o nariz impasíbel
como as reflexiones do ceo entre a axitación
completa dos trens despois diso viñeches
a compartir os praces de Mesalina
a auga mineral se asemellan aos principios da música
e os membros de Adán son repartidos
entre as alumnas do internado para o seu gozo
valquirias no helicóptero engaiolado
na demostración inocua do barítono
estes son os partidarios da Traxedia
que a erección do Impávido tiña onte pola noite
diversión no ar canso nos residuos da miña dozura
facían que a barba postiza da vida sexa tan sospeitosa
como os estilos artísticos aceitados polo futuro
circuítos empoados de conexión alcohólica







Continuará