Pero aquelas cousas

Lois Edal
Stepan Magomedov (ilustracións)
 
En efecto, as ideas son necesariamente substancias e non atributos,
doutro modo participarían do seu suxeito.
 
Metafísica.
ARISTÓTELES

 
Comprobación de palabras como formulación de procesos que refiren a realidade que non conta para nada e que xa sucedeu.
 Aristóteles, ou polo menos, a súa temporalidade non existen.
 
Aquel estar no tempo de ser o que son, á vez foron equivalencia e semellanza dun exemplo expositivo superficial e de aí o seu valor físico. Como salto físico introduce a previsión da temporalidade, os contraditorios recursos de dicir que toda lóxica é unicamente aparente.
 

A xeometría da síntese permanece como obxecto, ca condición de que exista en paralelo unha aritmética cuxas cousas sexan pulsos cuánticos dun tempo que aínda non existe e que tampouco chegará a ser futuro.
 
O dixital determina a abstracción da exactitude de dar por suposto que a realidade nunca será cuantificada, nin obxectiva aínda que como obxecto poida parecernos cualitativamente un suceso.