Sede

Tareixa Frendol
TEQU (ilustracións)

no medio da espuma e da semente como un rincho da chuvia entraría polos teus ollos abertos a preparar o pranto que xordamente comezou a tirar dela cara en riba con forza e coidado 

entón ouvise o batuxar da espuma e a semente e como se lle aproximou a muller sen dicir nada deslizou das súas mans a corda agarrou a xerra ao afundirse na auga entón a muller abatida aproximouse a outra muller e se dispuxo a esperar que o Azar descansase na súa cadeira

cunha corda agarrou a xerra mollada plantoulla ao custado e descansou sobre o borde do pozo a esperar que pasase algunha ollada asentindo coa súa ao home que veu vir polo berce do deserto e que despois de atravesalo chegou a o seu pobo cheo de árbores e hortas e o primeiro que atopou foi ese pozo 

coñecera todo tipo de mans de muller a corda subindo cun último esforzo a muller apañou por un asa a xerra que antes fixo baixar lentamente probara augas salobres e outras máis doces e semella mentira que a muller cando o ollaba sen deixar de sorrir e tiraba e tiraba da espuma e a semente como estaba se achegou para saciar a súa sede pero a auga xa non vivía
o home sen se mover de onde estaba se achegou para que despois de atravesar o deserto chegou a ese poboado cheo de árbores e hortas e o primeiro que atopou foi un pozo e atado no seu Caos lle proporcionase a maneira de poder beber auga 

o home sen se mover de onde estaba viuna a pesares da sede que sentía tan profunda que era inaccesíbel e nada se deslizou das súas mans 

a corda ía subindo cun último esforzo da muller que sen dicir nada ollábao desde o fondo inmenso do mar dos seus latexos