Amosando publicacións coa etiqueta Fractal 3D. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fractal 3D. Amosar todas as publicacións

Claro o día as mesmas nubes

Manoel Toural Quiroga
(Texto e ilustracións)



 Pasou a luz que non queima. Alonxaronse aínda os nosos brazos quietos onde eu e non outro podía oír igual que antes.

Aqueles beizos tremen ante o desamparo dos átomos da certeza.

Mudo onde aínda estivo a túa man e o teu son. Final. Ollábasme daquela cando a luz aínda entraba pola xanela. Recoñézoche, fuches levando o peso e o esforzo, canso organizas o espello, seino. Mudamente non sei coa luz o pincel toldado se reflicte a verdade e a carne da existencia, onde o ollo, antes aberto,  pechase sen pestana.