TEQU (ilustracións)
Afrodita ou Venus de Milo (c130 a 90 aC) |
A metade dos individuos adultos da especie humana posei un órgano sexual veloso e fendido. Para a maioría de habitantes de calquera continente, a excepción da poboación branca que convencionalmente chamamos occidental, o dito non é se non unha parvada. Sen embargo, para o home branco, constituíu durante moito tempo unha verdade turbadora, malsá e perigosa, unha desas verdades que non era “politicamente correcta" e non había de ser nin mencionada nin representada.
No transcurso de máis de vinteseis séculos, as artes plásticas occidentais enzopelaron co sexo da muller. Velado e falsado, a maioría de veces simplemente eludido, só excepcionalmente apareceu na súa estricta verdade, en tanto que os órganos masculinos tiveron todas as honras gráficas ou escultóricas.
Nun tempo no que o sexo non só segue sendo unha mercancía se non que se está a exhibir ademais nos novos entornos virtuais, non está demais facer un percorrido histórico en busca da orixe deste tabú, que a pesar da súa aparente superación liberal, segue encubrindo vellos conflictos represivos aínda non resolvidos.
A percepción occidental
Formando parte integrante da unión entre o tronco e os membros inferiores, a prominencia do pube, reforzada polo monte de Venus cuberto de vello, forma vivo contraste coa coloración da pele, resalta ante a ollada do observador máis "desinteresado", á marxe do seu papel central de sexualización do personaxe a representar.

Cultura Ciclade en Micenas (VI a. C.) |
A Moura de Pena Furada |
A censura plástica exercida pola cultura "occidental" foi completamente ignorada no resto de culturas, mesmo polas anteriores á época clásica. Pódense aportar un sen fin de exemplos prehistóricos, máis tarde exipcios, micénicos, hindús, africanos. Mesmo en Galiza, nestes momentos se está a estudar o achado dun posíbel santuario prerromano, situado no lugar de Pena Furada do concello de Coirós (A Coruña), onde fai 20 anos o arqueólogo Antón Fernández Malde atopouse casualmente cunha serie de gravados rupestres, entre eles a figura dunha muller espida (A Moura) mostrando o seu sexo e abrindo-o coas súas mans. Coñecemos outros dous posíbeis santuarios no concello de Vilar de Santos en Ourense, pendentes de catalogación e escavación.
Atopámonos fronte a unha vontade deliberada, e polo tanto ideolóxica, do artista branco ao longo da historia que precede ao comezo da liberación do tabú iniciado a finais do século XX.
Aínda que é fácil comprobar que o cristianismo, inimigo da sensualidade, comporta unha grande parte de responsabilidade nesta elisión, as primeiras manifestacións de censura sistemática están xa presentes na cultura grega clásica.
O feminino na Grecia clásica
A civilización grega é considerada como a primeira en gozar da liberdade do corpo e do espírito. Os seus pobos, que exaltaron de maneira tan emocionante e case definitiva a morfoloxía humana, legáronnos un grande número de efixies de mulleres espidas, novas e belas. Agora ben, por un paradoxo que case nono semella, esas espléndidas obras aparecen carentes do órgano sexual. Así, en todas as súas representacións clásicas, Venus non ten sexo o que para a deidade do amor resulta contradictorio. Este ostracismo respecto ao sexo da muller sinala os limites que esta cultura impuña á liberdade do corpo e do espírito.

Afrodita ou Venus de Cnide (350 a J. C) |
A xeometría, que foi unha das escasas ciencias exactas cultivadas pola civilización grega, está presente no seu canon de beleza, onde as proporcións dos corpos representados son máis xeométricas que anatómicas. A morfoloxía humana e as demais formas existentes debían responder a leis xeométricas, polo que ao tentar codificalas criaron o criterio artístico que todos coñecemos. As relacións de cada parte do corpo co conxunto, o modelado dun membro, o contornado dun seo, todo debía poder ser expresado por meio de nocións xeométricas simples e, polo mesmo, universais. De Heráclito a Sófocles, de Pitágoras a Epicuro atopámonos con postulados de simplicidade do mundo real convertidos en lei constante dentro da cultura helénica. A simplificación serviría aos pensadores e artistas gregos para tentar descubrir a razón do universo.
Priapo nunha moeda grega |
Ante unha ollada superficial, a civilización grega semella ter sido moi tolerante coas distintas manifestacións da sexualidade. É certo que non hai restrizón algunha no uso desinhibido da linguaxe, que practica a nudez e que tamén glorifica ao falo. A linguaxe das comedias e da poesía mostra unha liberdade total neste sentido. Nos textos, os órganos sexuais son chamados polo seu nome coloquial que nada ten de inxurioso ou obsceno, como se mostra no verso 1004 da comedia de Aristófanes, Lisístrata, onde o clítoris é designado vulgarmente: "[...] aos homes botáronos fora das súas conas". A nudez pública practicase con asiduidade polos mozos de ambos sexos. Xa se trate de exercicios ximnásticos ou de competicións deportivas, de loita ou de natación. Ao órgano sexual masculino en estado de erección renden-se-lle honras, e a súa representación escultórica é moi frecuente. Pode ser talismá da boa sorte, deus protector dos campos, etc. O deus Príapo pintado de vermello é utilizado para os marcos que delimitan as fincas ou tamén como espantallo. O falo, supervivente de cultos ancestrais, converterase en símbolo relixioso, sendo portado polas virxes nas procesións tanto gregas como logo romanas.
Non embargantes, malia esta permisividade, só as efixies masculinas son sexuadas, moi a miúdo van provistas dos seus atributos, falo e testículos, mesmo co vello, pois responden a figuras de morfoloxía simple que achan o seu referinte nas figuras xeométricas elementais. Son órganos plenos e exteriorizados de igual xeito que os seos femininos, que están exentos por esta razón de misterio. Por contra as esculturas femininas aparecen asexuadas. Nin as estatuas, nin os frisos de templos, nin os vasos pintados mostran a fendedura vaxinal nin o vello pubiano. Todo iso semella indicar que o sexo da muller "non ten dereito de cidadanía". A súa complexidade debese tanto á súa oquedade como aos seus múltiples pregues, repregues e anfractuosidades. Non embargantes, os ollos, o oídos e as mans pola súa simplicidade, son máis doados de describir, de esquematizar e de universalizar.

Priapo.Arqueolóxico de Atenas |
As esculturas de mulleres plasman divindades como Diana, Venus ou a romana Xuno, pero nunca a mulleres reais. En cambio, podemos ver atletas, discóbolos, doríforos e homes comúns. As nais, as esposas ou as irmás viven pechadas no xineceo e non participan na vida política nin intelectual, só as hetairas en ocasións, gozan de certo prestixio social. Tamén as mulleres novas, antes de se casar semellan gozar de certa liberdade e de algunha consideración.
Como máis tarde os cristiáns, os gregos sentiron unha paixón inmoderada polas virxes. Diana e Atenea son as deusas que gozaron de máis alta estima. Para uns e outros, a virxe de corpo aínda selado inspira máis respecto que a portadora de barathro (lugar sen fondo). A muller, compañeira da vida, non aparece nas efixies porque nunca podería igualar ao home. As consecuencias foron considerábeis. A máis transcendente, desde fai vinteseis séculos, foi que para conseguir o enaltecemento mediante a escultura, a muller branca debía de perder o seu sexo.