Liturxia cun fol

Fermín Edrado
Xan Seom (ilustracións)

 

 
¿Haberei de coñecer algún día o permanente das mareas? Estes días fantasmais e sen rigor, desde a transparencia até o equívoco. Saber tan claro a cousa das palabras, saber.

Pero as palabras tamén poden estar cheas de tumbas anónimas e mentres, sigo facendo as mesmas preguntas de Vallejo, de Hölderlin, de Kafka e de…


1

Muller
no lugar no que aprendiches a ser día
Esta pedra costume ata ser ilusión
E se che queda tempo
E se chego alá veloz
Os beizos secos e como un paxaro
Pasa o tempo e non pasa
Bolboretas da tolemia

O un na inmobilidades da arrogancia
Deitado nesta cama
Grande voo estridente da beleza
Amencer na súa meiguice
Sen ter sido case nada

O outro lle pregunte o que somos
Perdese e vaste
Nin moito menos útero e dialecto
Última secuencia do diálogo
Tres semanas neste oco onde o pracer

E eu perdín onde o enigma
Do que somos
Falaba de átomos
Para te atraer con todas as nubes posíbeis
Teimoso así as cousas
Esta man insondábel que as aproxima

Arrepentidos de qué?
Algo máis algún sitio máis
Onde botarnos as redes
A sorte coa súa fina marea
O lecer sagrado das máquinas
e debaixo de nós ábrese unha longa costa
enlamada que baixamos de noite a paso lixeiro
Aquí onde dorme a liberdade e a xustiza
Todas as nubes coas súas tesoiras invisíbeis
Pasa o tempo e as rodas de cinza
Son como lóstregos
Onde continuamente están a nacer
Raíces e arames

E ao fondo caemos
A fermosura do pan e a neve
Esta muller e todos os ceos
Semellan navegar no navío da tolemia
Pero non
Número doloroso da beleza
Que sexa ventre cadea
De caraveis brancos
Parto sen tempo muller sagrada
Aínda a enorme distancia
Que sen partir é unha letra
Por ninguén coñecida
Cho digo despois de haber
Coñecido o teu coraxe
De nai e osíxeno
Tamén e o sei
trouxeches a terra
Para mudar o mundo

Aínda anda solta
a fermosura das noites
pero os beixos esixentes e todos os fusís
alumean no vento
o río neno do silencio

2

meu amor
finísimo beixo sen fin
os dous beixos veloces
por nada e de nada
frescor sen fin e definitivo
voo confuso das tempestades
fragrancia de pernas femininas no lonxe
espidas e espida lonxanía
onde ninguén sabe a onde voou a infancia
e como se disipa a confusión
onde todo semella ter sido aleito
ata que nos ficamos
á saída do inferno con ela
cos seus berros de sede
encabuxados despois de ter durmido
a longa sesta das lembranzas