Amosando publicacións coa etiqueta 6 Inverno 2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 6 Inverno 2011. Amosar todas as publicacións

Hugo de Santalla. Tradutor e protocientífico galego (e III)

Manoel Toural Quiroga
TEQU (ilustracións)


A Táboa de Esmeralda. TEQU




... no máis segredo da biblioteca

Partindo do texto latino de Hugo de Santalla, ofrecemos ao lector interesado a traducción ao galego da Tabula Smaragdina cun breve achegamento á súa peculiar historia.  Que se teña noticia, esta sería a primeira vez que se traduce á nosa lingua.

Para finalizar, mostramos dados da súa biografía descoñecidos até o presente. Vivencias de Hugo de Santalla desde o momento que deixou de morar en Tarazona no ano 1151, até o seu falecemento na cidade de Murcia.

Sen deixar de nos sorprender, feitos como este avalan o noso punto de vista acerca das intensas relacións sociais, comerciais e culturais na península ibérica, en paralelo coa actividade bélica despregada ao longo de oito séculos. Tal empresa foi utilizada en exclusivo por algúns historiadores para definir a idea de Reconquista presente en moitos manuais de estudo que interesadamente se esquecen doutro compoñente da realidade histórica que fala de convivencia e troco entre musulmáns e cristiáns. As novas fontes atopadas permítennos contrastar con rigor estes e outros xeitos da nosa historia. Por exemplo, o lugar preponderante que ocupou Galiza naquel tempo, así como a moitos personaxes que se lles negou a súa orixe de ser galegos.

A superstición dos números e as matemáticas

Xusto Mourin López
(texto e ilustracións)







A metafísica é un restaurante que ofrece
30.000 menús pero nada de xantar


Robert Pirsing

Cando se achegan as festividades do nadal, a ninguén semella causarlle sorpresa o feito de ver longas ringleiras de persoas que pasan moitas horas do seu tempo ante as administracións da lotaría. Tampouco ninguén semella cuestionarse a razón ou sen razón de semellante suceso. Son mesmo os meios de comunicación os encargados da súa difusión e xustificación, botando man de vellos e novos prexuízos baseados na ignorancia e o medo socialmente arraigado, a fin de manter viva a crenza en vans presaxios que atribúen un carácter sobrenatural, sagrado ou oculto a determinados acontecementos puramente fortuítos, como o basculado dun saleiro, o número trece, etc.

Antes de xogar, nos distintos sorteos de azar a eleizón do número está rodeada de mitos e supersticións que merece a pena sinalar.

O tabú do sexo feminino

Iolanda Dessensberger Dacal
TEQU (ilustracións)

Afrodita ou Venus de Milo (c130 a 90 aC)

A metade dos individuos adultos da especie humana posei un órgano sexual veloso e fendido. Para a maioría de habitantes de calquera continente, a excepción da poboación branca que convencionalmente chamamos occidental, o dito non é se non unha parvada. Sen embargo, para o home branco, constituíu durante moito tempo unha verdade turbadora, malsá e perigosa, unha desas verdades que non era “politicamente correcta" e non había de ser nin mencionada nin representada.

No transcurso de máis de vinteseis séculos, as artes plásticas occidentais enzopelaron co sexo da muller. Velado e falsado, a maioría de veces simplemente eludido, só excepcionalmente apareceu na súa estricta verdade, en tanto que os órganos masculinos tiveron todas as honras gráficas ou escultóricas.

Nun tempo no que o sexo non só segue sendo unha mercancía se non que se está a exhibir ademais nos novos entornos virtuais, non está demais facer un percorrido histórico en busca da orixe deste tabú, que a pesar da súa aparente superación liberal, segue encubrindo vellos conflictos represivos aínda non resolvidos.