TEQU (ilustracións)
A Táboa de Esmeralda. TEQU |
... no máis segredo da biblioteca
Partindo do texto latino de Hugo de Santalla, ofrecemos ao lector interesado a traducción ao galego da Tabula Smaragdina cun breve achegamento á súa peculiar historia. Que se teña noticia, esta sería a primeira vez que se traduce á nosa lingua.
Para finalizar, mostramos dados da súa biografía descoñecidos até o presente. Vivencias de Hugo de Santalla desde o momento que deixou de morar en Tarazona no ano 1151, até o seu falecemento na cidade de Murcia.
Sen deixar de nos sorprender, feitos como este avalan o noso punto de vista acerca das intensas relacións sociais, comerciais e culturais na península ibérica, en paralelo coa actividade bélica despregada ao longo de oito séculos. Tal empresa foi utilizada en exclusivo por algúns historiadores para definir a idea de Reconquista presente en moitos manuais de estudo que interesadamente se esquecen doutro compoñente da realidade histórica que fala de convivencia e troco entre musulmáns e cristiáns. As novas fontes atopadas permítennos contrastar con rigor estes e outros xeitos da nosa historia. Por exemplo, o lugar preponderante que ocupou Galiza naquel tempo, así como a moitos personaxes que se lles negou a súa orixe de ser galegos.

A Tabula Smaradigna
Ed. 1926 da Táboa |
Aínda que o libro conservado máis antigo de alquimia é o Schedula diversarum artium, atribuído ao monxe Teófilo que diferenciaba entre a forma árabe e a galaica para a obtención de ouro, quizais sexa a Tabula Smaragdina (Táboa de Esmeralda) o texto máis valioso da tradición alquímica.
De Mineralibus et Rebus...(1569) |
Até o ano 1923 non seria descuberta a versión en árabe da Táboa. Eric John Holmyard (1891-1959) de forma abreviada e pouco tempo despois (1926) Julius Ferdinand Ruska (1867-1949) nunha versión completa. Desde a Alta Idade Meia o único texto coñecido que viñan manexando os estudosos das ciencias ocultas en Occidente era a versión latina de Hugo de Santalla, difundida por Alberto O Magno ao incluíla no seu De mineralibus et rebus metallicis.
Coñecida na Spania árabe do século X durante o período califal de al-Hakam II (961-976), a Táboa constituía unha especie de catálogo dos principios que provocan os cambios na natureza. Foi atribuída ao personaxe mítico Hermes Trimexisto, sincretismo do Abraham bíblico, o deus grego Hermes e o Thot exipcio, deus da ciencia e as matemáticas.
Texto en latín da Tabula Smaragdina (c. 1140)
Texto en latín da Tabula Smaragdina (c. 1140)
Verum, sine mendacio, certum, et verissimum.
3 versións en latín da Táboa |
Quod est inferius est sicut quod est superius,
et quod est superius est sicut quod est inferius,
ad perpetranda miracula rei unius.
Et sicut res omnes fuerunt ab uno, meditatione unius,
sic omnes res natae ab hac una re, adaptatione.
Pater eius est sol; mater eius est luna.
Portavit illud ventus in ventre suo; nutrix eius terra est.
Pater omnis telesmi totius mundi est hic.
Virtus eius integra est, si versa fuerit in terram.
Separabis terram ab igne, subtile ab pisso, suaviter, magno cum ingenio.
Ascendit a terra in coelum, iterumque descendit in terram,
et recipit vim superiorum et inferiorum.
Sic habebis gloriam totius mundi.
Ideo fugiet a te omnis obscuritas.
Haec est totius fortitudinis fortitudo fortis,
quia vincet omnem rem subtilem,
omnemque solidam penetrabit.
Sic mundus creatus est.
Hinc erunt adaptationes mirabiles, quarum modus est his.
Itaque vocatus sum Hermes Trismegistus,
habens tres partes philosophiae totius mundi.
Completum est quod dixi de operatione solis.
Traducción e o seu posíbel significado
Traducida da maneira máis sensata posíbel, di o seguinte:
Verdadeiro é sen mancha de falsidade, certo e moi verdadeiro:
que o que está abaixo é como o que está en riba ,
e que o que está en riba é como o que está abaixo,
e así cúmprense os milagres dunha só cousa.
E que todas as cousas foron feitas pola contemplación de un,
de forma que todas as cousas xurdiron dunha só cousa por un só acto de acomodación.
O pai de todo iso é o Sol, e a nai, a Lúa.
O vento levouno no seu seno e a terra alimentouno.
É a orixe de todas as marabillas que visten o mundo enteiro.
O seu poder é perfecto.
Se se chimpa á terra, se separarán os elementos da terra dos do lume e o sutil do groseiro.
Con grande sutileza, ascende suavemente da terra ao ceo.
Entón descende novamente á terra e únese nel a forza das cousas superiores e das inferiores.
Así posuirás ti a gloria e o esplendor do mundo enteiro e toda a escuridade fuxirá de ti.
Isto é a fortaleza de todas as fortalezas, porque supera o máis sutil e penetra na substancia máis sólida.
Así foi criado o mundo.
Así se conseguirán marabillosas adaptacións, cuxa maneira é esta.
Por este motivo son chamado Hermes Trismegistus; porque conteño as tres partes da sabedoría do mundo enteiro.
O que eu hei de dicir sobre a operación do Sol se completou.

A Taboa de esmeralda (s. XVI) |
De acordo con autores como Charles Singer (1876-1960), non pretendemos aclarar estas expresións tan herméticas, pretensión que calquera persoa pode subscribir razoablemente. O texto semella indicar con vaguidade a crenza de que existe unha interacción entre o celeste e o terrestre e que todas as varias formas en que se presenta a materia non teñen máis cunha só orixe: unha alma ou espírito universal penetra o macrocosmos e o microcosmos, o que implica a posibilidade da transmutación. O Sol e a Lúa da Tabula Smaragdina puidesen representar ao ouro e á prata, o mesmo que fixeron os primeiros alquimistas, aínda que con posterioridade e no mesmo contexto, estes relacionaríanos co sulfuro e o mercurio.
No transcurso dos séculos, diferentes comentaristas deron a súa própria interpretación da Táboa, e establecendo certa concordancia entre eles poderíamos deducir que a idea central consistiría en que o poder dunha alma cósmica atoparíase nun sólido: a pedra filosofal ou elixir capaz de levar a cabo as transmutacións, sempre tan desexadas polos alquimistas.
A lenda acerca da Táboa
Sen dúbida, calquera que sexa o seu significado, a Táboa de Esmeralda é un dos documentos alquímicos máis antigos e de maior pervivencia no tempo. Ao igual que outros textos da antigüidade, a Tabula Smaragdina está rodeada de lenda sobre a súa orixe.
Se dixo que foi atopada no interior dunha cova e escrita nunha lámina de esmeralda que sostiña nas súas mans o cadáver de Hermes Trimexisto. Outros detalles que foron adornando a lenda din que a escritura presentaba carácteres fenicios e que foi descubrida por Sara, muller de Abraham, que a atopou por casualidade nunha cova preto de Hebrón, pouco despois do diluvio. Outras versións atribúen a súa descuberta a Alexandro O Magno ou ao filósofo e matemático grego Apolonio de Tiana (s. I d. C.).
Emblema da Táboa no tratado do Toyson d'or (s. XVII) |
Encanto ao seu autor lendario, Hermes Trimexisto, há-se-lle caracterizado baixo tres personalidades diferentes. Unha, que viviu antes do diluvio e foi neto de Adán, que escrebeu moitos libros sobre o mundo celeste e terrestre e que foi o primeiro en usar traxes cosidos. Tamén foi o que construíu as pirámides de Exipto, sendo o primeiro patrón das ciencias e das matemáticas. A segunda figura viviu en Babilonia despois do diluvio, sobresaíndo en ciencia, medicina, filosofía e matemáticas, sería o mestre de Pitágoras. A terceira persoa habitou en Exipto, foi médico, filósofo e tamén din que foi un perito urbanista. Escreberia un libro sobre os animais velenosos e outro sobre alquimia.
Estes e outros mitos semellantes, enriquecidos co paso do tempo, foron asumidos polos alquimistas para explicar as orixes da alquimia.
Estes e outros mitos semellantes, enriquecidos co paso do tempo, foron asumidos polos alquimistas para explicar as orixes da alquimia.
Hugo de Santalla (1151-1171)
Hugo de Santalla viviu en Tarazona até a morte do bispo Miguel Cornel (xullo de 1151). De primeiras contratado polo bispo como tradutor, chegaría tamén a ocuparse de tres canonxías de oficio, consideradas estas como as de maior prestixio dentro de calquera cabido: a de magister, a doutoral e a penitencial. Segundo o dereito canónico os cabidos catedralicios son colexios de cregos instituídos para axudar aos bispos co seu consello e, no caso de ficar vacante sede cardinalicia, suprílo no goberno da diocese ou da parroquia. Tanta a súa creación como a súa disolución son facultade do Papa. Será a partir do Concilio de Trento (s. XVI) cando se regulamenten as constitucións e ordenanzas que até entón regulaban a vida capitular.
Museo de Santa Clara. Murcia |
Despois da morte de Miguel Cornel, e aínda vencellado ao cabido até o seu falecemento, Hugo de Santalla deixaría de morar en Tarazona para se dedicar a outras actividades do seu interese, tal como a práctica da alquimia que ben puidese ter desatendida desde antes de se establecer como tradutor.
Tras a caída do Califato de Córdoba en 1031 e a súa disgregación en pequenos reinos coñecidos co nome de Taifas se establecerán partillas das bibliotecas califais entre eles. É de destacar a taifa de Murcia que atinxiría o seu esplendor cultural no século XII, durante o reinado do coñecido como rei lobo, Ibn Mardanis. Este fora o último gobernador musulmán da taifa de Medina Afraga (Fraga, en Huesca). Procedía de familia cristiá convertida ao islamismo. O seu bisavó fíxose musulmán no s. XI e serviría no exército dos Banu Hüd de Zaragoza, propietarios da biblioteca de Roda de Xalón, onde traballaría Hugo de Santalla. Durante o seu reinado (1147-1172) en Murcia, capital de Xarq al-Ándalus, houbo un grande desenvolvemento en todos os ámbitos, dando lugar á creación dun novo espazo para o encontro cultural entre cristiáns, xudeus e musulmáns. Sabios galegos e cataláns acudirían para enriquecer os seus devezos de saber, trocar ideas e coñecer novas obras. Neste período, na que a súa moeda era modelo en Europa, a súa prosperidade estaba baseada na agricultura, para a que foi deseñada unha importante rede hidrolóxica, predecesora do actual sistema de regadío da Horta murciana. No seu territorio cultivaríase a seda, fabricaríase papel e produciríase cerámica de grande calidade importada polas repúblicas italianas.

Moeda murciana do s. XII |
Moitos dos seus intelectuais, formados nas máis importantes madrasas islámicas de oriente, gozaban de grande prestixio e eran coñecidos por sabios como Hugo de Santalla. Se cadra fose por esta razón que tras o falecemento do bispo Cornel e liberado do seu labor como tradutor decide desprazarse a Murcia, para retomar os seus estudos e investigacións en compaña de sabios árabes e xudeus, que tal vez o convidasen. Semella que alá permaneceu até a súa morte en 1171, con 53 anos. Un ano despois, en 1172, a taifa murciana é conquistada polos almohades e comeza a súa decadencia.
En 1266, este territorio seria anexionado polas tropas do rei Afonso X. O eco do pasado esplendor cultural, económico e social, de algunha forma foi retomado polo rei Sábio coa creación dun Estudo de Linguas Orientais, patrocinando así un novo rexurdir cultural do saber atesourado por musulmáns, xudeus e cristiáns que conviviran no século anterior.