Carme Dapoza Bouzas (ilustracións)
Cata que no te entrometas en cosas ajenas,
ni aún las pases por tu memoria,
porque quizá no podrás tú
cumplir con tu tarea.
Juan de la Cruz
ni aún las pases por tu memoria,
porque quizá no podrás tú
cumplir con tu tarea.
Juan de la Cruz
A palabra está cada vez máis preta e os cartaces, lúa crecente dos camiños, son a bandeira da terra máis sorprendente e sen nome que se afasta da sentencia anubrada polas bágoas das chaves.
Capítulo segundo, unha vez quentaba as pontes no último ano terríbel das copas onde bebera Mefistófeles e o noso triunfo, este fío ispo que servía para tecer os lugares ocultos. Un presente que pasea o seu triunfo de futuro, onde as cidades son o combustíbel, o universo semiótico sen heroes nin poemas.
a
O que aconteceu e non podo distinguir esquecese cedo
a dilatada vida e de novo agora
transfiguracións e edificios baleiros
atoparémonos lembrando as fogueiras
as pontes como unha tumba aberta
Quen chama? É unha brincadeira?
é o deserto ata onde chega o arume azul
do Lethes como se lembrase algo
eu o culpábel o espectro arlequinado
nin mellor nin peor que os demais
o que pasou alá como lembro
o cáliz de arxila desaparecera
como unha sombra e a meia voz
nos lembrara como as palabras
tamén xogan a ser reais
Contarémosche que alá o vento
sen memoria nos ameazará co abismo
sen nos dicir o lugar onde se atopa
as horas se esvaecen en todas partes
como os lares inventados para os humillados
angustia e a meia voz está aquí ao lado
b
Ti bela que ve a tolemia
docemente suspiro da danza
de novo tallo e de novo o vidro arrolado
o segredo que entumece os reloxos
o elo doce do poema
a xanela velada pola néboa
da primeira póla dos cadernos
a candea que ilumina o cadro das nubes
a casa valeira agullas próximas cada vez máis preto
tres anacos da primavera que sorrín
Fuxiremos ao son das sombras
sen soños verso libre os teus ollos de asas
paixón cosida a unha liberdade sobre o silencio
todo permanece como cegoñas nun campanario
destruído pola confusión dos espellos
antefaces bandadas brancas de asas
que fan que todo sexa posíbel
c
Na penumbra esta Licurgo
desolado e desvergoñado
dramático como unha escada
bastidor amargo da vinganza
non é aínda a hora de deixar vivo
o adeus á lonxanía e as lembranzas
agora na que se converteu
á máscara en verdade
de repente a cadea é o soño
E a meia voz
se engana e está aquí ao lado
garabetos sen autor
aquel recen nado
imaxinando coas súas manciñas
en o que se pode converter o mar
d
Fai falta que tras a xanela
aínda fiquen olladas
que podan chegar a ser ondas de palabras
e que as mans tamén sirvan
aínda para facer os números
que conten o que está a pasar