O meu corpo

Maruxa Valín
TEQU (ilustracións)

Quén son eu que xa non choro. 


Caían pedras como cabezas
marfil ou voz
entre as nubes rodando

a noite entre as miñas veas
luz feroz na borda dos brazos
pregunta durmida con forma de pinga
ceo as veces area luceiro de espuma
pólas de silencio sobre o lume
sempre o amor entre os osos
seica quixese unha idea algo aí
que esmaga as palabras antes de ser río.


Entre a herba tres flores secas
a lúa que se engrella entre as árbores do espello
calor calado da présa que cuspe a carne
misterio esmagado onde viven as frechas.

Vasos de pele diluídos na néboa da túa cintura
onte como esa bola xemela das lembranzas
que esmaga as palabras á beira das bágoas
luces onde se reflicten os ecos da ausencia.