Francisco da Reyna. Un “veterinario” galego precursor de Miguel Servet

Manoel Toural Quiroga
TEQU (ilustracións)

Francisco da Reyna (1514 - 1571)



Albeytería é arte
de curar os animais
das súas coxeiras e enfermidades

Francisco da Reyna

Desde fai moito tempo sábese que o albeitar Francisco da Reyna semella ter sido precursor do español Miguel Servet, cando en 1546 publicou unha descrición sobre a circulación do sangue nunha obra dedicada ao estudo e solución das enfermidades dos cabalos. Até o presente díxose que era castelán de Zamora, baseándose en que no prólogo do seu Libro de albeytería afirmase que era veciño da cidade: A máis copiosa que até agora se viu. Feito e ordenado polo honrado barón Francisco da Raíña, ferrador da cidade de Zamora. Non embargantes, profundando un pouco máis, é sinxelo esclarecer que Reyna naceu en Ourense, de pais conversos e que como tais, tiveron que mudar de nome e apelido obrigados polas circunstancias sociopolíticas do momento.

Non semella casual que de novo, cando o personaxe destacou nalgún campo do coñecemento, nos atopemos ante unha personalidade galega secuestrada pola historiografía española.



A anatomía

Na Idade Media o coñecemento anatómico fora parcial ou nulo, debido a que a práctica médica estaba fundada na denominada doutrina humoral, a cal propugnaba que a saúde se debía ao equilibrio dos catro humores: sangue, flegma, bile negra e bile amarela, e que a enfermidade era debida ao desequilibrio destes humores, ao acharse presente no corpo o humor "pecaminoso". O médico podía facer o diagnóstico do desarranxo observado e recomendar o tratamento “adecuado” sen necesidade de grandes precisións anatómicas.
Andreas Vesalius (1514-1554)

Humanis corporis fabrica
Durante séculos, tanto en Spania como en Galiza, a representación humana e a mutilación de cadáveres estiveron prohibidas. Foi no Renascimento, e debido ao interese manifestado por artistas como Miguel Ángel e Leonardo da Vinci en dar realismo á figura do home e quita-la das representacións bizantinas planas, cando se levaron a cabo as primeiras diseccións anatómicas. Andreas Vesalius (1514-1554), cirurxián de Carlos V, disector en Bolonia e Padua foi autor de Humanis corporis fabrica (1543), obra considerada como o inicio da anatomía moderna. Non obstante, pola influencia dogmática dos ensinos de Galeno, as funcións do corpo humano tardarían aínda algún tempo en ser interpretadas correctamente.




A circulación do sangue
"O sangue andaba en torno e ..." Detalle

De igual xeito, a descrición científica sobre a circulación maior do sangue tardaría abondo tempo en ser demostrada e habería que esperar até o ano 1628, data en que se publicou o libro Exercitatio Anatomica de Motu Cordis et Sanguinis in Animalibus, escrito por William Harvey (1578-1657). non
Exercitatio Anatomica...
embargantes, a circulación do sangue xa seria mencionada con anterioridade, entre outros, polo albeitar ourensán Francisco da Reyna no seu Libro de Albeitería, publicado en 1546 en Madrid, onde o autor intuía que o corazón era o centro da circulación cando afirma que “o sangue
andaba en torno e en roda por todos os membros”. Isto semella indicar que Reyna seria un dos precursores de Miguel Servet, quen algúns anos máis tarde descreberia a circulación menor ou pulmonar do sangue no Tratado V da súa obra Christianismi restitutio publicada en 1553. Ano en que da Reyna publica en Zaragoza a terceira edición do seu Libro de Albeitería.
Christianismi restitutio
Ao ser Galiza centro emisor e receptor da cultura europea cristiá e hispánica musulmá a través da rota xacobea, unha “actualización” dalgunha das máis importantes vías de comunicación romanas, é moi probable que Reyna fose coñecedor do traballo do “físico” árabe Ibn an Nafis (Ca 1205 - 1288): Comentario da Anatomía do Canon de Avicena, onde se afirmaba que o sangue viaxaba do ventrículo dereito ao esquerdo pasando polos pulmóns.
Comentario da Anatomía do Canon de Avicena


A Albeitería e a veterinaria
Papiro de Lahun
Desde moi antigo, ao cabalo atribuíronselle virtudes case humanas e a súa posesión sempre denotou, mesmo na actualidade, prestixio social. O que permitiu que nos chegasen numerosas obras dedicadas ao estudo do seu comportamento e da súa saúde. O documento máis antigo que se coñece sobre o tema é o chamado Papiro de Lahun (Exipto), datado en 1800 a. C. Nos fragmentos conservados descreben-se os síntomas dalgunhas enfermidades de touros, cans, gansos e peixes, así como os seus tratamentos influenciados pola maxia e a relixión.
Pódese dicir que os primitivos hipiatras gregos estarían na orixe da arte de baytar e máis tarde da ciencia veterinaria, criada como tal a finais do século XVIII (1793), que é cando se instaura o ensino oficial da mesma. Con anterioridade os encargados dos coidados, principalmente dos cabalos, eran chamados albéitares ou mariscais. Oficio que facía referencia desde a Idade Media aos mestres ferradores que ademais se ocupaban das enfermidades dos equinos e de outros animais. A albeitería é unha práctica  española e galega que non se desenvolveu en ningún outro lugar de Europa. Os albeitares galegos e de outros reinos peninsulares cristiáns aproveitaron os coñecementos dos árabes, que estes á súa vez recuperaran da antigüidade grega, persa e hindú. No Libro de Leis ou Libro das Sete Partidas de Afonso X "O Sabio" (1252-1284), recóllense por primeira vez as funcións e obrigas dos albeitares.

Libro das Sete Partidas. 5ª partida, título 8, Lei X
 En Centroeuropa e en Italia o gremio recebaría o nome de mariscalería, termo que non se utilizou nin en Al-Andalus (Spania) nin en Galiza, salvo en algunha zona do reino de Aragón e dentro do exército. Os coñecidos como mariscais militares eran nun principio albéitares.

Lei de 22-12-1739
Durante os séculos XVI e XVII a arte de ferrar iríase completando con algúns saberes médicos, favorecendo así a aparición de verdadeiros profesionais que, sen esquecer as prácticas do ferrado, criaron ámbitos para o desenvolvemento científico posterior da medicina animal. Por Real Orde do 22 de decembro de 1739, declarouse aos albéitares como profesores de arte liberal e científico.









Libro de Albeitería e outros

Feito e ordenado polo honrado barón Francisco da Reyna,
ferrador da cidade de Zamora.
Agora novamente impreso e emendado
de moitos defectos que se fixeron na primeira impresión,
con tento de dar claridade á os albéitares de España.

edición de Mondoñedo (1552)

Libro de Albeytería. 2ª ed. Mondoñedo,1552

Francisco da Reyna foi o primeiro albeitar en publicar un tratado completamente orixinal e rigoroso: o Libro de Albeitería, onde mostra tratamentos sinxelos e racionais, proferindo ademais unhas fórmulas alegadas dos remedios usuais na época.
Detalle da 2ª ed. que fala da existencia dunha primeira
Cartas Eruditas e Curiosas. B. X. Feijóo 
Posibelmente, Reyna e outras albéitares anteriores, galegos e portugueses, serian coñecedores da actividade menescal que se practicaba en Europa e que seria introducida en Galiza a través da rota Xacobea. Proba de iso é un manuscrito do século XV do notario de Baiona, Álvaro Eans dá Seyra, que transcribe o Livro de Alveiteria de 1318 de Mestre Xiraldo, físico do rei portugués don Dinís (1261-1325), quen lle encargou traducir e compilar os libros Mulomedicina de Theodorico Borgognoni, De Medicaminibus Equorum e De Morbis Equorum de Jordanus Rufus Calaber. A primeira reivindicación da figura de Francisco da Reyna fíxoa Benito Xerónimo Feijóo (1676-1764) na carta 28 do tomo 3 das súas Cartas Eruditas e Curiosas.

Por último, colle destacar que outro documento importante conservado e anterior ao publicado por Reyna, foi o Libro de Albeitería de Manuel Díaz, escrito en 1495 e do que se farían reedicións e traducións ao galaicoportugués, francés e alemán. A obra é un tratado equino que recolle a arte dos albéitares ou menescais e dos ferradores peninsulares e italianos, que fusionando a súa actividade de forma indistinguíbel converteríanse nos verdadeiros precursores dos veterinarios.
Libro de Albeitería de Manuel Díaz

Francisco da Reyna

Dos arquivos consultados (AHPO e AHNE) deixamos constancia que naceu na alxama de Ourense, en febreiro do ano 1514, fillo do albeitar xudeu Symuel Albeitar, morante na rúa dos Arcediagos. O apelido do pai, similar ao de outros que vivían na cidade, sen dúbida reflicte a profesión que exercía e que seria transmitida ao seu fillo.

Todos os xudeus que entón vivían libremente espallados por toda a cidade,  foron confinados entre 1484 e 1487. A xudería de Ourense ficou así configurada en torno á rúa Nova (hoxe Lamas Carvajal) e redores, entón a alxama chegaría até a Fonte do Bispo, unha das portas de acceso á urbe.
Rúa Arcediagos en Ourense na que naceo Francisco da Reyna
Os documentos conservados sinalan as boas relacións existentes entre cristiáns e xudeus daquel tempo. Así por exemplo, sabemos que os xudeus colaboraron  nas obras de restauración da ponte romana. Tamén se desprende das crónicas que en Galiza os xudeus foron máis aceitados que noutros espazos cristiáns peninsulares, e que tras o Edicto de Expulsión, foi maior o número de xudeus que optaron por se bautizar. Aínda fica moito por estudar sobre a participación das xudeus na actividade social e mercantil das nosas cidades.

Semella ser que as boas relacións entre xudeus e cristiáns chegaron a transgredir a legalidade vixente. Por exemplo, en Ourense documéntase a presenza de xudeus nun casamento cristiá, o cal provocaría a chegada das autoridades coa orde de cumprir o decreto de afastamento, porque as relacións entre cristiáns e xudeus xa eran de tal magnitude que estarían irmandados en casamentos e reboladas. A raíz da separación definitiva do 22 de maio de 1487, as relacións entre ambas comunidades comezaron a deteriorase progresivamente, provocando a desaparición de gremios xudeus completos como os zapateiros e os albeiteiros.
A vella ponte romana sobre o Miño que axudaron a reconstruir os xudeos ourensans.
A conversión ao cristianismo do pai de Francisco da Reyna, Symuel Albeitar, documéntase en Ourense no ano 1504, e prodúcese anos despois do decreto de expulsión dos xudeus outorgado polos Reis Católicos en Granada o 31 de marzo de 1492. O que semella indicar que a situación dos xudeus en Galiza, xa neses momentos, se estaría a voltar moi difícil, a pesar de ter sido aquí, nun principio, o lugar onde os xudeus se atopaban plenamente inseridos na sociedade.

A documentación consultada móstranos a clave da conversión ao cristianismo da familia de Francisco da Reyna. Nun escrito referido ao cobro dunha débeda dise: Afonso da Reyna, que antes se solia dicir Symuel Albeitar xudeu natural de Ourense. Francisco da Reyna seria pois un “cristián novo”adaptado á nova realidade social e política do momento, e circunstancias que aínda hoxe descoñecemos o levarían a exercer a súa arte na cidade de Zamora.

Francisco da Reyna, veciño de Zamora

Anos despois atopámo-lo como profesional de cabalarizas, ao servizo do Duque de Alba Fernando Álvarez de Toledo e Pimentel, chamado o Grande Duque de Alba, vinculado directamente á chamada Lenda negra como un dos seus principais protagonistas. Reyna tamén exercería o seu labor en Madrid e nas cabalarizas do Terzo Novo emprazado en Toledo.

Ía ser en Madrid, novembro de 1546, onde se publicaría a primeira edición da súa obra (hoxe desaparecida), atinxindo alúmenos 14 edicións e chegando mesmo a ser coñecida en Europa. En 1845, o Boletín de Veterinaria publicou por vez primeira o retrato imaxinario de Francisco da Reyna, realizado no século XIX polo pintor valenciano Antoni Gómez i Cros (1809 - 1863). Desde a súa morte, en 1571 en Zaragoza, a súa obra non voltaría a ser publicada até 1583, en edición comentada polo albeitar Fernando Calvo.