Amosando publicacións coa etiqueta historia de Galiza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta historia de Galiza. Amosar todas as publicacións

O Humanismo no século VI na Galiza sueva: Formula Vitae Honestae

Equitación de XIS
TEQU (ilustracións), Manoel Toural Quiroga (debuxo)


barbari exsecrati gladios suos ad aratra conversi sunt

Orosio

Pomos a disposición dos nosos lectores posibelmente a primeira traduzon a nosa lingua, desta obra de Martiño de Braga (ou Dume) realizada a petición do rei suevo Miro para uso tanto persoal como social. A tan acomodada pola historiografía definición da época de transición entre o decadente imperio romano e á aparición do novo modelo, enmarcado como “bárbaro”, non parece ser tal cando por exemplo un rei do ámbito emerxente solicita o consello, sen dubida político, dun conselleiro que gozaba de autoridade moral no espazo hispánico suevo.

Francisco da Reyna. Un “veterinario” galego precursor de Miguel Servet

Manoel Toural Quiroga
TEQU (ilustracións)

Francisco da Reyna (1514 - 1571)



Albeytería é arte
de curar os animais
das súas coxeiras e enfermidades

Francisco da Reyna

Desde fai moito tempo sábese que o albeitar Francisco da Reyna semella ter sido precursor do español Miguel Servet, cando en 1546 publicou unha descrición sobre a circulación do sangue nunha obra dedicada ao estudo e solución das enfermidades dos cabalos. Até o presente díxose que era castelán de Zamora, baseándose en que no prólogo do seu Libro de albeytería afirmase que era veciño da cidade: A máis copiosa que até agora se viu. Feito e ordenado polo honrado barón Francisco da Raíña, ferrador da cidade de Zamora. Non embargantes, profundando un pouco máis, é sinxelo esclarecer que Reyna naceu en Ourense, de pais conversos e que como tais, tiveron que mudar de nome e apelido obrigados polas circunstancias sociopolíticas do momento.

Non semella casual que de novo, cando o personaxe destacou nalgún campo do coñecemento, nos atopemos ante unha personalidade galega secuestrada pola historiografía española.

Xoán Fernández de Andeiro. A súa orixe e vida ate o exilio

Manoel Toural Quiroga
TEQU (ilustracións)

A Coruña. Vicenti J. D.

Os cronistas condenam D. Tereja namorada do nosso
 Conde Fernão Peres de Trava,
 e D. Leonor, namorada do outro nosso Conde Fernandes de Andeiro;
mas a nós quer-nos parecer que semelhantes amores
são o símbolo da política integralista
que deveu ter seguido Portugal.

Castelao

Seguindo o que indica Castelao, é certo que até os nosos dias a historiografía do nacionalismo portugués e a española soslaían interesada e sistematicamente calquera análise rigorosa que faga mención tanto aos feitos históricos concretos como aos personaxes que os protagonizaron e que conformaron o pasado e o presente da nosa nazón. Unha vez máis, pódese constatar que os estados peninsulares e outros construíron e lexitimaron a súa existencia baseándose na virtualidade máis axeitada para cada un deles, para así adecuar e soslaíar as súas contradicións.

Leonor Telles diante do cadáver de Andeiro. Litografía da Biblioteca Nacional de Lisboa


A figura do fidalgo Xoán Fernández de Andeiro é un exemplo  do enunciado. Descoñecido entre nós,  foi vilipendiado en Portugal e utilizado para xustificar e reforzar a independencia portuguesa no século XIV, a pesar de ter sido quen por primeira vez estabeleceu as tradicionais relazóns diplomáticas entre a Grande Bretaña e Portugal, mantidas até o presente.