Manoel
Toural Quiroga
TEQU (ilustracións)![]() |
| Francisco da Reyna (1514 - 1571) |
Albeytería é arte
de curar os animais
das súas coxeiras e enfermidades
Francisco
da Reyna
Desde fai moito tempo sábese que o albeitar
Francisco da Reyna semella ter sido precursor do español Miguel Servet, cando
en 1546 publicou unha descrición sobre a circulación do sangue nunha obra
dedicada ao estudo e solución das enfermidades dos cabalos. Até o presente díxose
que era castelán de Zamora, baseándose en que no prólogo do seu Libro de albeytería afirmase que era veciño
da cidade: A máis copiosa que até agora
se viu. Feito e ordenado polo honrado barón Francisco da Raíña, ferrador da
cidade de Zamora. Non embargantes, profundando un pouco máis, é sinxelo esclarecer
que Reyna naceu en Ourense, de pais conversos e que como tais, tiveron que
mudar de nome e apelido obrigados polas circunstancias sociopolíticas do
momento.
Non semella casual que de novo, cando o
personaxe destacou nalgún campo do coñecemento, nos atopemos ante unha
personalidade galega secuestrada pola historiografía española.
