Libres

Manoel Toural Quiroga
TEQU (ilustracións)


O noso vivir ata doutros
o engano a paciencia de volver atrás
o muro como serrucho de agora volvendo a onte


Algunha forma dunha chama detida
memoria do naipe do teu mundo
entre os teus beizos acheime de neno
deserto como un corpo e sen desexo
tan triste que fun día do teu diminuto inferno
advirte nas ondas aquel loureiro esquecido
morto como un asa ti sofres a dor de sentir
círculo inhumano da soberbia desde entón
non hai xigantes cos que loitar
en por si latexa o corpo semente ignorante
a man a ambición bebedeira de necios
foise entón o tempo do teu lado
próximo e a espera dos anos
arbitrario e xusto como lembro
os corpos envellecen como sombras
mentira inescusable ti sabíalo
presente futuro poñente de seguir
ausencias cordas e bágoas algúns bostezos
daquela o riso a nostalxia de permitir seguir adiante 
onde a luz ou ti cando tiña estar a vivir



Mais ela desconfía e espérate resumíndocho
padeciamos a quietude da indiferenza
agora mero recordo e nubes dispersándose
realidade sen desexo deformada polas lanzas
o vapor  da tolemia sen estrelas sen noites
o pasado o lembro do presente as columnas
desde o ceo desta terra espida sobre palabras de sal
espadas dos pobos abandonados entre a cizaña das olladas
bosques novos soños con paraísos baleiros
arames de pedra e deuses  sen dor
ramos regalados incoloros de rosas plastificadas
sente o soño prohibido sendo soño na chama
o lago do teu ventre esconde o licor anello  o vento
sen crerche dúas metades nos corpos mudos
ti aquí soidade da túa presenza con iso basta
perspectiva da vida con espazo e tempo
existir no molde mentres a coitela descende
este clima onde se escondeu a auga e o vento
seguro de ti mesmo ves as chagas do teu leito
pedra onde o medo entre os outros é delicia