Bautista
Pó (ilustracións)
Hora na que entra o vapor na derradeira clase:
A ausencia cavidade no seu trono que olla
estraga a ollada na frecha
illase así a saraiva
a man que pasea que desconfía
liñas en cópula que desafía
é atadura de árbores azuis
Son o seu fillo e unha uva
auga
a estatua como un gato
nus sabemos
que non está navegada a espiga
pode a carne
a miña morriña inimiga
noutra estrela