Manoel Toural Quiroga
TEQU (ilustracións)
TEQU (ilustracións)
-Costureiriña
comprimenteira,
sacha no campo,
malla na eira,
lava no río,
vai apañar
toxinos secos
antre o pinar.
Rosalía de CASTRO
En Galiza, hai unhas décadas, a palabra “rural” non formaba
parte do vocabulario cotián da maioría da xente. O que hoxe chamamos “o rural”,
aquel territorio afastado das cidades, de paisaxes verdes e aldeas esparexidas,
simplemente chamábase “o campo”. Dita palabra non só designaba un espazo
xeográfico, senón que condensaba un modo de vida, unha cultura e unha memoria
colectiva que hoxe comeza a diluírse. Recuperar
esta memoria axúdanos a entender non só a xeografía, senón tamén a cultura e a
identidade do noso pobo.
O campo como espazo de traballo e convivencia
“O campo” era o espazo do traballo e da vida; da convivencia e da familia. Cada leira, cada camiño, cada unha das hortas e dos prados eran testemuñas dun esforzo colectivo. As primeiras luces da mañá descubrían homes e mulleres camiñando cara ás hortas, levando ás costas cestos de herba ou sementando trigo. O cheiro a terra mollada, mesturado co arume das flores silvestres, impregnaba cada paso. Os animais, vacas e cabalos, seguían o seu ritmo xunto á xente, e as mans, manchadas de lama e terra, falaban dunha relación íntima que alimentaba e protexía.
“O campo” era o espazo do traballo e da vida; da convivencia e da familia. Cada leira, cada camiño, cada unha das hortas e dos prados eran testemuñas dun esforzo colectivo. As primeiras luces da mañá descubrían homes e mulleres camiñando cara ás hortas, levando ás costas cestos de herba ou sementando trigo. O cheiro a terra mollada, mesturado co arume das flores silvestres, impregnaba cada paso. Os animais, vacas e cabalos, seguían o seu ritmo xunto á xente, e as mans, manchadas de lama e terra, falaban dunha relación íntima que alimentaba e protexía.
A vida no campo seguía o ritmo das estacións: a primavera traía sementas e esperanzas, o verán implicaba traballo intenso baixo o sol, o outono a colleita e a celebración dos froitos do esforzo, e o inverno a reflexión e a preparación para o seguinte ciclo. Esta relación directa coa terra xera un coñecemento profundo do medio natural, das plantas, dos animais e dos cambios meteorolóxicos que non se aprendía nos libros, senón vivíndoo día a día. Cada estación deixaba a súa marca, non só nas leiras, senón tamén no corazón da xente.
O campo como espazo de falas e contos
Non era só unha localización xeográfica; era unha comunidade viva, na que cada veciño era parte dunha rede de colaboración e afecto. O campo tamén educaba, non era só traballo, era tamén o espazo das tradicións, das historias e dos encontros. As xentes falaban da vida cotiá, das festas, das romarías e das lendas arredor do lume, compartindo coñecementos e transmitindo valores de xeración en xeración. Cada historia transmitía valores: paciencia, solidariedade, respecto pola natureza, a importancia do esforzo e da solidariedade.. Cada canción e cada refrán, cada romaría e festa, eran fíos que tecían a comunidade, creando lazos que a modernidade tenta agora desfacer.
O cambio de termo: de "o campo" a "o rural"
Co paso do tempo, o termo “rural” entrou na fala común. Mais soa frío, distante, O cambio de termos cara ao “rural” reflicte, en certa medida, a perda dese vínculo afectivo co territorio. “Rural” é unha palabra fría, técnica e administrativa, que se usa en estatísticas, políticas públicas ou proxectos turísticos, pero que non capta a esencia da vida que se desenvolvía neses espazos, que non mostra o afecto que a xente sentía polo seu territorio. “O campo” ten historia, cheiro, sabor e emoción. É un concepto impregnado de memoria e identidade, algo que as palabras técnicas non poden substituír completamente. Vivía no corpo e na memoria: no cheiro a herba mollada, no canto dos paxaros á mañá, na lúa que iluminaba camiños solitarios. Esa palabra encapsula unha emoción que ningún informe ou plan de desenvolvemento pode transmitir.
A memoria do campo no presente
Hoxe, a modernización, a industrialización e a migración cara ás cidades transformaron o panorama galego. Moitas aldeas quedaron baleiras, e os antigos camiños en parte esquencidos, cambiaron o seu ritmo de vida. Pero lembrar que antes dese territorio chamado “o rural” existía un lugar chamado “o campo” permítenos manter viva a nosa conexión coa terra e coa cultura que alí medrou. É unha lembranza que transcende a xeografía e chega ao corazón da nosa historia, recordándonos quen fomos e de onde vimos. Lembrar ese campo é viaxar á esencia da nosa terra e da nosa xente.
Mais cada vez que alguén fala do seu pobo, da súa leira ou dunha festa, revive ese campo que foi e segue sendo un espazo de identidade e pertenza. Lembrar o campo é honrar a memoria de Galiza, as súas xentes e a súa terra, e recoñecer que, máis alá das palabras modernas, hai sempre un lugar chamado “o campo” que aínda latexa co corazón da nosa historia.