Declaración...

Johannes Textor
TEQU (ilustracións)
...ante o Tribunal da Inquisición de Toulouse.
 

Os inquisidores que levaban a súa investigación en Tolosa, citaron a varios cidadáns da vila veciña así; entre eles estaba un tecedor, Johannes Textor, que apela ao pobo como testemuña:
Eu non son herexe,
                    pois teño muller,
                        deito con ela e teño fillos.
 
Como carne, minto e xuro:
                    son un fiel cristián.
 
                    Non permitades
                    que se diga iso de min, 
                        que creo 
                    verdadeiramente en Deus,
                    porque tamén poderían
                            dicilo de vós...
 
 
*Les sources de l'histoire de l'Inquisition, Chronique de Guillaume Pellissorf (Toulouse, 1881), páx. 93

As fontes da historia da inquisición no sur de Francia, nos séculos XIII e XIV: unha memoria seguida do texto auténtico e completo da Crónica de Guilhem Pelhisso e dun fragmento dun rexistro da inquisición.