Amosando publicacións coa etiqueta 15 Primavera 2014. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 15 Primavera 2014. Amosar todas as publicacións

En Galiza tamén se construían os primeiros telescopios



Manoel Toural Quiroga
Ilustracións TEQU

O telescopio de Galileo e Venecia

Publicado en A Nosa Terra (nº1350, 2009)

En 1609, Galileo mostraba en Venecia o seu telescopio. Kepler editaba o libro Astronomía nova. Estes acontecementos xustifican que este 2009 sexa declarado Ano Internacional da Astronomía. No século XVI na Galiza xa se construían telescopios.

Entremés do Retábalo das marabillas



Miguel de Cervantes Saavedra

Tradución Manoel Toural Quiroga
Ilustracións Carme Dapoza Bouzas


Publicado na revista ELO (2004, 2)
Trátase da primera versión ao galego do entremés


Persoas que falan nel:

CHANFALLA
A CHIRINOS
RABELÍN
GOBERNADOR
Pedro CAPACHO
BIEITO Repolo
XAN Castrado
XOANA CASTRADA
TAREIXA Repolo
SOBRIÑO
FURRIER de compañas

Saen CHANFALLA e a CHIRINOS

CHANFALLA
Non se che pasen da memoria, Chirinos, os meus advertimentos, principalmente os que che dei para este novo embuste, que ha de saír tan a luz como o pasado do Llovista.

CHIRINOS
Chanfalla ilustre, o que en min quere o ten como de molde; que tanta memoria teño como entendemento, a quen se xunta unha vontade de acertar a satisfacerche , que excede ás demais potencias. Pero dime : de o que serve este Rabelín que tomamos? Nós dous só, non puidésemos saír con esta empresa?

CHANFALLA
Habiámoslle mester como o pan da boca, para tocar nos espazos que tardaren en saír as figuras do Retábalo das Marabillas.

CHIRINOS
Marabilla será se non nos apedran por só o Rabelín; porque tan desventurada criaturiña non a vin en todos os días da miña vida.

Entra O RABELÍN

Teodora. Puta emperatriz e santa

Mar Alepuz
TEQU (ilustracións)

 
Teodora


Publicado na revista ELO (2007, 14)


Un dos ascensos máis meteóricos da historia foi o que protagonizou unha moza a quen hoxe coñecemos como a emperatriz Teodora de Bizancio, quen soubo sobreporse a un pasado abondo escabroso a tal punto que grazas a ela o seu home puido conservar o trono.