Gonzalo Aleix
Helene Suhr (ilustracións)
Dubidar da existencia cando estás a voar rodeado de nubes e
de persoas que non coñeces, ten un significado
imaxinativo.
O soño de sentir que a inocencia nos rodea, que non se mide
con palabras, nin xestos. Cando todo é o mesmo soño absurdo, onde a realidade penetra
até exterminarnos.
Pero cando a súa pele é un curto túnel,
a cada paso que dou
o horizonte non ten a culpa.
A sombra da auga
desvélate todas as sorpresas
agachadas na corrente.
Delirio e miraxe do río,
da incerteza que engaiola
o sabor de estar en dúas beiras.
Habíame afastado tanto do centro da cidade que agora atopábame
completamente perdido no meio daquela infinidade de rúelas da periferia.
Andaba e non deixaba de falar comigo mesmo a meia voz
mentres tentaba saír daquel atolladeiro de rúas desvencelladas e axadas polo
paso do tempo, repletas de tristes e envellecidos paseantes que daban a sensación
de vagar sen rumbo por aquel labirinto xigantesco de rúas con edificios en estado
ruinoso. No único que se distinguían os uns dos outros era no distinto grao de
abandono e ruína. As mulleres e os homes que me cruzaba ao ver que falaba só
non deixaban de me ollar e facer comentarios entre eles.
Semellaba evidente que estes paseantes vivían neste lugar
pero, e eu? de onde había vido? e, como chegara até aquí?. Non o sabia. En
realidade non é que sentirame incómodo
nesta situación de ser un paseante máis e nun lugar que descoñecía. Quizais
tamén fose unha destas persoas a pesar de crer que eu era o máis novo de todos
os que vagaban ao meu redor.
Seguín camiñando, absorto nos meus pensamentos e só ao pasar
diante dun vello e lixoso escaparate vin a miña imaxe reflectida no vidro decotándome
de que era tan ancián como o resto de persoas que pasaban ao meu carón.