O imán

Claudia Queiruga
Xan Seom (ilustracións)







I

vostede era unha estrela
demasiadas veces estalada
de abismo de elefante
de cartaz de espello
de lóstregos con unha lixeira curvatura
con caída á terra como un ollo inmenso
que só ve baixo a néboa
a forza muscular das preguntas sen resposta
na luz azulada que nos dá certeza
en exemplos específicos
a precisión dos acróbatas
ás veces os pallasos deben esperar


a perspectiva
que torce a forma do corpo
emociona nesta luz
lonxe de mans aquí invisíbeis
que atormentan os tanques
e as pernas
todos os territorios son plumas
de aceiro deitadas que veñen
centímetro a centímetro achegándose
ao centro do circo
nós esperamos
os bocexos abalan a lúa
a música do director de orquestra do circo
non quere mostrar toda a humidade
comprácenos ser tan educados


II

á entrada do periódico
me atopo un saco abelás
da verdade do chocolate
nós andamos corredores
e troncos de signos
entre portas moi nerviosas
pero estou segura de que hai moitos soldados
con expresións maculadas
que nos estreitan cos seus fusís
na escada hai unha luz de osos
que filtran pola rede de arame
as relacións segredas
que os elefantes ao deitarse establecen
son como satélites vidrosos son
este folleto de aparencias
que nos dirixe baixo a cortina
dos rabaños amigables
un inesperado trade
silenciosos