Amosando publicacións coa etiqueta 2 Inverno 2010. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2 Inverno 2010. Amosar todas as publicacións

Razón histórica do Nadal

Xusto Mourin López
(texto e ilustracións)




o Nadal 2010. XML

Cando a humanidade segue a reproducir, mediante a celebración os antigos ritos, probabelmente descoñece como se orixinaron os mesmos. Máis aínda, cando a perspectiva tanto histórica como de contido foi modificándose para adaptarse ás novas circunstancias periódicas, que neste intre serán as adecuadas como vehículo da sociedade de consumo.

Tratamos aquí unha das festividades con máis profundo arraigo social, sendo un meio determinante do consumismo na súa forma máis exacerbada: o Nadal. Lonxe da irreverencia, pretendemos facer de guieiro para o lector interesado con dados históricos debidamente contrastados.

Como unha selva sen bruido

Maruxa Valín
Xerardo Cela (ilustracións)





A cor das bágoas é como calquera pedra. Agora que sinto respirar o vento da luz, O teu corazón, a tetiña que vive dos meus latexos e do túnel e o deserto de cada dor. Aquilo era sorrir, un xiro espiral sen respirar. Luz da saliva onde o silencio espera que por unha vez as palabras deixen de ser espadas ou luvas.


O que é o petróleo

Rafael Toural Dapoza
Manoel Toural Quiroga
(texto e ilustracións)

Vertido da Deepwater Horizon no Golfo de México. NASA

Tanto as sociedades industrializadas como as que non, se alimentan, funcionan e producen preferentemente a partir do petróleo. Se o seu fornecemento cesara de pronto, recuaríamos  a tempos nos que os avances tecnolóxicos de hoxe non serían sequera concebíbeis.

Desastres ecolóxicos como o do Prestige no ano 2002, e o actual da plataforma petrolífera Deepwater Horizon da British Petroleum (BP), no Golfo de México, que verte diariamente ao mar 800.000 litros de cru (fonte, goberno EE.UU.), atinxindo por agora a mancha unha extensión de 10.000 km2 (fonte, Cstars), maior aínda que a superficie da provincia de Lugo (9.856 km2), son presentados como accidentes casuais ou illados e un dos peaxes a pagar para manter o chamado modo de vida occidental. A contaminación mariña ocasionada por aceites minerais ademais de ser frecuente acostuma estar provocada polas propias industrias. Calculase que os océanos receben anualmente entre 5 e 10 millóns de toneladas de petróleo e os seus derivados, froito soamente das operacións de limpeza dos depósitos dos petroleiros, da descarga de lastre e do bombeo de sentinas. Por outro lado, aínda están por avaliar as consecuencias que sobre a flora e a fauna terán estes sucesos.

Aínda que sexa unha obviedade, pode ser oportuno “asomarnos ao interior” desta substancia. Realmente sabemos o que é o petróleo e até que punto forma parte da nosa vida? É certo que se está a esgotar?