O Humanismo no século VI na Galiza sueva: Formula Vitae Honestae

Equitación de XIS
TEQU (ilustracións), Manoel Toural Quiroga (debuxo)


barbari exsecrati gladios suos ad aratra conversi sunt

Orosio

Pomos a disposición dos nosos lectores posibelmente a primeira traduzon a nosa lingua, desta obra de Martiño de Braga (ou Dume) realizada a petición do rei suevo Miro para uso tanto persoal como social. A tan acomodada pola historiografía definición da época de transición entre o decadente imperio romano e á aparición do novo modelo, enmarcado como “bárbaro”, non parece ser tal cando por exemplo un rei do ámbito emerxente solicita o consello, sen dubida político, dun conselleiro que gozaba de autoridade moral no espazo hispánico suevo.

A guía é breve e monográfica e a semellanza doutros traballos do autor choca nela tanto a novidade conceptual como a sabedoría “humanista” que desprende, o que parece anticipar ao mesmo humanismo renacentista. Erasmo de Rotterdam coidaba que o texto (ao carecer de firma) podía ser da autoría de Séneca e así editouna como unha das súas obras. Xa con anterioridade Petrarca, parece ser o primeiro en decatarse de que a obriña ben puidera ser de Martiño. A Regula era coñecida na Idade Meia co título De differentiis quattuor uirtutum, e tamén como De quattuor uirtutum.

Fonte: gallica.bnf.fr / BnF


Martiño foi bispo, teólogo e escritor “suevo” de orixe panónico, (Panonia, ca 510-520 – Braga, 579-580). No século V, no espazo da Gallaecia galaico romana conformase por primeira vez en Europa un embrionario estado, síntese entre o vello e o novo para converxer nun proxecto común de convivencia baixo a autoridade monárquica, que adopta nun primeiro momento o cristianismo na súa forma arriana, e logo (por primeira vez) o catolicismo como ideoloxía garante para a implantación e expansión do novo reino, a imitación do modelo adoptado polo imperio romano con anterioridade. Orosio ilustra unha parte do proceso cando sinala que o pobo suevo sería o primeiro en trocar “a espada polo arado".

Formula para seguir unha vida honesta

Ao rei Miro, o máis glorioso e pacífico, distinguido na fe católica e na piedade.



Non ignoro, Rei misericordioso, que a sede ardente da vosa alma busca insaciabelmente apagar-se nas cuncas da Sabedoría, e que buscades con arela as fontes de onde manan as augas da ciencia moral. E por coas vosas cartas alentades moitas veces a miña insuficiencia para que, escribindo unha Carta á Vosa Alteza, vos dirixa algunhas palabras de consolo ou de exhortación. Pero aínda que o encomiábel empeño da vosa piedade mo exixa, ben sei que o meu escaso talento será unha insolente ousadía para os prudentes se non respecto o decoro do Real acatamento con ditames continuos e na maioría dos casos vulgares.

Por tanto, para que nen -ao falar- abuse do permiso da súa autoridade, nen (no silencio) contradiga aínda máis o seu desexo, ofrezo este opúsculo non adornado con ostentación de agudeza, se non recollido con simple sinxeleza para ser lido polos ouvidos de boa fe. Non o escribín en particular para a vosa instrución, sendo natural en ti a sagacidade da sabedoría, se non para os que, estando ao voso servizo, é bon que lean, entendan e reteñan estas cousas. É o título do caderniño “Regula de Vida Honesta” (“Formula Vitae Honestae”): e a razón de lle pór esta inscrición é porque non aprende aquelas cousas arduas e perfectas, se non que só advirte aquelas que, aínda sen os preceutos positivos das Divinas Escrituras, só pola Lei Natural da Razón humana poden ser cumpridas mesmo polos laicos que viven na xustiza e a rectitude.

De Formula honestae vitae

A opinión de moitos sabios reduciu a catro a clase de virtudes por cuxa práctica o espírito humano pode atinxir unha vida honesta ou virtuosa. A primeira delas é a prudencia; a segunda, a magnanimidade; a terceira, a temperanza; a cuarta, a xustiza. Estas, pois, polos meios que se explican máis adiante, fan ao home virtuoso.

Da Prudencia

Fonte: Biblioteca Nacional de Portugal. Mosteiro de Santa Maria (Alcobaça)

Quenquera que sexas, ti que queres seguir a prudencia, bebelas ben regulado pola razón se antes que nada avalías e pesas cada cosa e determinas o seu valor, non pola opinión do grande número, se non pola sua mesma natureza.

Porque debes saber que hai cousas que se ven ben sen o ser ; e outras que non se ven ben, e o son. Todo canto posúas de cousas transitorias, non o admires, nen teñas como grande o que é efémero; non consideres as cousas que tes como alleas a ti, se non goberna sobre elas e utilizas como proprias e para o teu ben.

Se abrazares a prudencia, serás o mesmo en todas partes; e segundo a variedade das cousas e dos tempos, así debedes acomodalos ás ocasións Que as cousas tampouco non te muden, se non adáptate a elas, como a man que, ou se abre e estende, ou se pecha, pero sempre é a mesma.

É proprio dó prudente examinar vos consellos e non deixar-se levar polos falsos con doada credulidade. Nas cousas dubidosas non decidas, se non suspende ou teu xuízo.

Nada afirmes sen o ter descuberto, porque non todo o que ten aparencia de ser verdade é verdadeiro; así como o que moitas veces o que a primeira vista semella incríbel non por iso é falso. Pois moitas veces a verdade ten cara de mentira, e non poucas o mentira agachase baixo a aparencia da verdade.

E así como o amigo ás veces agacha o ceno, e o lisonxeiro o mostra risoño, así a falsidade se tiñe de verosimilitude, é para enganar, ou para se insinuar, toma esa cor.

Se queres ser prudente, olla sempre adiante e examina no teu ánimo todas as cousas que poden acontecer. Non fagas nada precipitado, pero primeiro pensa de vagar. Porque os que son prudentes non din: “Non me dei conta de que isto ia pasar”, porque non dubidan, mas ti detente; non sospeites, se non prevén.

Examina a causa de calquera acontecemento e, tendo descuberta a súa orixe, preverás o éxito. Ten presente que nalgunhas cousas debes continuar, xa que as empezaches; pero aquelas, en que continuar é mau, nen sequera debedes comeza-las.

O prudente nin quere enganar, nin pode ser enganado. É de home bo non enganar a outro nin ao punto da morte. Sexan as túas opinións xuízos formados. Pensamentos vagos e inútiles e semellantes a soños, non apertes; pois se o teu ánimo se deixar enganar por eles, ao final de contas ficarás triste; máis sexa o teu discurso estábel e certo; ou deliberes, ou cuestiones, ou contemples, non te afastes da verdade.

Non sexan tamén inútiles as túas palabras, mais que persuadan, ou conmovan, ou consolen, ou ensinen. Debes ser parco en louvar, e máis aínda en vituperar, porque tan reprensíbel é o louvar irresponsábel, como o vituperar se bo modal: porque o primeiro faite sospeito de adulación, e o vituperar, de malignidade.

Dá testemuña a verdade, e non a amizade. Promete con consideración, e cumpre alén aínda do que prometiches. Se o teu ánimo é prudente, debe ser repartido pelos tres tempos; regula o presente, prevén o futuro, lémbrate do pasado. Porque quen nada considera do pasado, perde a vida; e a quen nada pensa sobre o futuro, todo o apaña desprevido.

Pon diante do teu ánimo os males e bens futuros para que poidas soportar aqueles e dirixir estes. Non esteas sempre en acción; mais dá de cando en cando folga ao teu espírito; e que este descanso sexa enchido co estudo da sabedoría e con bos pensamentos, porque o prudente nunca se atóalla coa ociosidade.

Se, o prudente ten as veces o ánimo máis frouxo, mais nunca desatado; acelera as cousas tardías, desenvolve as enredadas, abranda as duras, ponlle as arduas; pois sabe por que camiño debe entrarlle a cada cousa, e coñece cada unha delas, e as olla todas distintamente.

O discernimento dos sabios descifra as cousas escuras pelas cousas claras, as cousas grandes polas pequenas, as cousas remotas polas cousas próximas, e o todo polas partes.

Non te arrastre a autoridade de quen fala, nin prestes demasiada atención a quen di algo, senón ao que di; nin olles a cantos agrada o que é dito, senón a que individuos.

Busca só aquilo que podes atopar; aprende o que podes saber; desexa o que se pode desexar diante dos bos. Non te lances a cousa máis alta, na cal non poderás sustentarte sen tremor, nin subir sen queda. Toma para ti consellos saudábeis. Cando a prosperidade da vida te é lisonxeira, considera que estás en terreo esbaradizo, e para; tampouco te deixes levar pelos primeiros ímpetos, mais dirixe o teu ollar para o lugar ao que queres ir, ou até onde.

Da Magnanimidade

Fonte: Biblioteca Nacional de Portugal. Mosteiro de Santa Maria (Alcobaça)

Se na túa alma mora a magnanimidade, que tamén se chama fortaleza, en grande seguranza vivirás libre, intrépido, sen medo. É un ben do home magnánimo non vacilar, non desmentir de se mesmo, e esperar sen sombras o fin da vida. Nada ha grande nas cousas humanas senón o espírito que despreza as cousas grandes. Se fores magnánimo, nunca pensarás que alguén te fai unha afronta. Do inimigo dirás: “non me fixo mal, pretendeu de me o facer”; e cando o tiveres debaixo do teu poder considerarás como vinganza poder toma-la: pois debes saber que é unha honrosa e grande vinganza o perdoar. A ninguén acometas disfrazado, a ninguén roías na pele: búscao con a cara descuberta; non teñas contenda sen habela anunciado, porque as fraudes e os enganos só aos débiles competen. Serás magnánimo se non desafiares os perigos, como os temerarios, nin os receares, como o tímido; porque nada fai ao ánimo timorato senón o remorso da vida reprensíbel. Está portante a medida da magnanimidade en non ser home tímido, nem temerario.

Da Temperanza

Fonte: Biblioteca Nacional de Portugal. Mosteiro de Santa Maria (Alcobaça)

Se amas a temperanza, corta o superfluo e acurta os teus desexos. Considera contigo canto a natureza necesita, e non canto apetece a cobiza. Se fores temperado, chegarás a conseguir o contentarte contigo mesmo, porque quen se satisfai consigo naceu rico. Ponlle freo e modo aos teus apetitos e repele os atractivos, que con agachado engano arrastran o ánimo.

Non comas alén do poidas, nin bebas até a embriaguez. Estate atento para que, na compaña da, ou en outra calquera da vida, non parezas condenar a aqueles a quen non imitas; nin te envolvas nos deleites presentes, nin esteas suspirando polos ausentes. A túa comida sexa común; non te achegues á ela como a un manxar, senón como a un sustento: que sexa a fame que estimula o teu padal, e non os guisados. Atende con pouco a os teus desexos, porque só debes coidar en que eles cesen, e, como amoldando-te ao Divino exemplo, pasa o máis a présa que poderes do corpo para o espírito.

Se buscas a temperanza, sexa a túa morada non deleitosa, senón saudábel; nen queiras que o dono sexa coñecido pola casa, senón a casa polo dono. Non te atribúas o que non has ser, nen queiras parecer cousa maior do que es Coida muito en que a túa pobreza non sexa inmunda, nen a parsimonia sórdida, nen a sinxeleza desatenciosa, nen a brandura lánguida; e se os teus bens son poucos, non sexan motivo de preocupación Nen chores o que é teu, nen admires o alleo. Se amas a temperanza, fuxe das cousas indecorosas antes que se te aveciñen; nen te preocupes con o recato dos demais mais que co do teu. Lembra que todo é máis tolerábel que a indecencia.

Abstén-te tamén de palabras indecentes, porque a soltura nestas fomenta o descaro. Gosta máis dos dicires úteis que dos xocosos e agradábeis, máis dos axustados que dos obsequiosos. Poderás ás veces mesturar entre as cousas serias algunha xocosidade, mais moderada e sen detrimento do respecto, ou do pudor. Porque o riso se faz reprensíbel toda a vez que é excesivo, ou desatado puerilmente, ou mullerilmente requebrado. Tamén torna odioso a un home o riso ou desdeñoso, ou claro, ou maligno e disfrazado, ou provocado polos males alleos. Por tanto se a ocasión pide algunha graza, di a graza sempre con dignidade discreta, de modo que nen se resintan de ti por picante, nin por insípido te desprezar.

Que non haxa en ti burla groseira senón unha agradábel cortesía. Sexan os teus sales sen mordacidade, as grazas sen baixeza, o riso sen gargalladas, a voz sen berros, o andar sen estrondo; o teu descanso non sexa preguiza e en canto os outros brincan trata ti dalgunha cousa boa e santa. Se es temperado, fuxe das adulacións; e tan triste cousa sexa para ti ser louvado por indignos, como se foses louvado de cousas indignas.

Fica máis contente toda vez que desagradares aos maos e pelo fato de seres, pelos maos, mal avaliado; considera-o un verdadeiro louvo. O máis dificultoso feixe de temperanza é sacudir as adulacións dos lisonxeiros, cuxas palabras cunha certa satisfacción amolentan o ánimo. Non procures granxear a amizade de alguén por meio de adulación, nen abras a porta para que outros por meio dela granxeen a túa. Non sexas ousado nen arrogante; entra con coidado nas cousas, non te arremedes. Conservada a gravidade, aceita de bo grado as advertencias, e os reproches con paciencia.

Se alguén te reprender con razón, lembra que te axudou; e se fixer iso sen razón, sabe que desexou axudar-te. Non tes que temer as palabras ásperas, máis si as brandas. Fuxe sempre dos vicios, e dos vicios alleos non sexas curioso indagador, nen severo censor, mais corrixe-os sen os botar en cara; de modo que antes da advertencia vai o bo modo, e ao erro dá doada desculpa. Non exaltes persoa algunha, nen a abatas. Sé ouvinte calado dos que falan, e acolle ben-disposto os que se dirixen a ti. A quen che pregunta responde doadamente; a quen porfía doadamente cede: non te demandes en contendas e discusións inúteis.

Se es temperado, vixía os movementos do teu espírito e corpo; que non sexan descomedidos, nen prescindas deles por ficaren agachados, pois que importa que ninguén máis os vexa se ti os ves?

Sé flexíbel, máis non lixeiro; constante, máis non teimoso. O feito de teres coñecemento dalgunha cousa non fique agachada, nen se faga enfadoño. Fai a todos iguais a ti; aos inferiores non despreces con soberbia; aos superiores, vivindo ben, non temas. En materia de troca de obsequios nen te prescindir deles nen os exixas. Para todos sexas afábel, para ninguén meigo, familiar con poucos, para todos xusto.

Sé máis severo no xuízo que nas palabras, na vida que no semblante. Sé dado a clemencia e inimigo da crueldade. Canto a boa fama, nem sementador da túa propria, nen envexoso da allea. Sobre rumores, crimes, sospeitas, non sexas crédulo, nen dado a má tendencia, mais antes muito oposto a aqueles que con a aparencia da simplicidade tratan de prexudicar a outros.

Para a ira sé lento, para a misericordia doado; nas adversidades firme, nas prosperidades acautelado e comedido; agacha as túas proprias virtudes como outros agachan os seus vicios; despreza a vaidade e ao requirir dos outros os bens, de que es dotado, nada rigoroso. A ninguén despreces por iñorante. Fala pouco, mais aguanta os falangueiros Serio, mais non austero, e aturando mesmo o folgazán. Desexoso de sabedoría e dócil: o que sabes participa-o sen presunción a quen cho pedir; o que non sabes pídeo, sen disimular a iñorancia, que cho participen. O sabio non alterará os costumes públicos, nen atraerá a si o pobo con a novidade do seu vivir. Segue-se a isto a virtude da xustiza.


Da Xustiza

Fonte: Biblioteca Nacional de Portugal. Mosteiro de Santa Maria (Alcobaça)

Que outra cousa é a Xustiza senón unha tácita convención da natureza, achada para o ben de moitos? A xustiza non é institución nosa, senón Lei Divina e vincallo da sociedade humana. Nesta, non temos que descubrir o que convén: convén-te canto ela te ditar. Ti, pois, quen quer que sexas que a queres agradar, teme e ama a Deus primeiro para que sexas amado por Deus.

Serás amábel a Deus se o imitares en desexar facer ben a todos, a ninguén mal; entón te chamaran todos de home xusto, seguirante e respectaran, e te amaran. Para seres xusto non só non farás dano, máis impedirás que o fagan, pois non facer dano non chega a ser xustiza, é apenas abster-se da inxustiza. Comeza pois por non quitarlle nada aos outros e ir-te-ás adiantando a algunha cousa máis, a restituíres o que outros quitaron. Castiga e coíbe os ladróns para que non fagan temer aos outros.

Non armes contendas por unha palabra equívoca, mais observa a intención coa que é dita. Non sexas menos exacto na afirmativa que no xuramento. Sabe que a fe e a relixión intervén toda vez que se trate da verdade, porque aínda que no xuramento sexa Deus expresamente invocado, tamén do que non o invoca é testemuña: por tanto non atropeles a verdade, para non calcar a lei da xustiza

Se algunha vez te vires na necesidade de facer un xuramento, non o uses para defensa dunha cousa falsa, senón dunha cousa verdadeira; e cando por unha mentira houbese de ser rescatada a fidelidade, non mintas, senón escusa-te; por canto en toda boa causa o xusto non revela o segredo, mais cala o que debe ser calado e fala o que se debe falar: e axiña terá unha alta paz e segura tranquilidade. De modo que ao paso en que os outros son pelo mal vencidos, vence el o mal. Se cuidares, pois, de estudar iso, esperarás sereno e intrépido o fin da túa carreira: ollarás ledo para as cousas tristes deste mundo, ollarás con calma para as tumultuosas, e con audacia para as extremas.

Da Medida e Regulamento da Prudencia

Observados, pois, estes documentos, entón, as catro clases de virtudes tornarante home perfecto se gardares a súa xusta medida en un teor de vida igual. Porque se a prudencia excede os seus limites, as túas accións serán disimuladas e receosas; darán mostras de investigador das cousas ocultas e de descubridor de cuaisquer defectos; serás visto como tímido, reservado, como alguén que está buscando algunha cousa, sempre temendo algunha, sempre dubidando; e pela aprehensión do teu ánimo amoldarás as túas sutilísimas sospeitas Serás apuntado como astuto, complicado e inimigo da simplicidade, e observador de culpas; en nunha palabra, por todos serás chamado de mau home. A estes defectos te conducirá a prudencia desmesurada: mais se en todo te fixares no xusto meio, nada haberá en ti de groseiro nen de malicioso.

Do Modo de Regular a Fortaleza

Do mesmo xeito, se a magnanimidade ou fortaleza exceden a súa medida, ficará o home ameazador, turbulento, inquedo e muito propenso a xactancias de ditos e de accións, sen falar do decoro. A cada paso fecha o semblante, semellante a un besteiro, que vai perturbar o que estaba quieto. A un fere, a outro afuxenta. Mais aínda que sexa audaz, non poderá facer fronte a moitas valentías da parte contraria. E ou chega a un mísero fin, ou deixa de si tristísima memoria. É por tanto a xusta medida da magnanimidade é non ser home nin tímido, nin atrevido.

Dos Limites da Temperanza

Nos mesmos limites tamén conterás a túa Temperanza. Evita o que é demasíado escaso; non encollas a man con desconfianza e receio. Non concentres a atención en cousas mínimas, porque unha visión tan estreita será tida como vil. Nunha liña meia, pois, regularás a temperanza, de modo que nin te mostres dado aos apetitos, pródigo e gastador, nin teñas un apego de avarento, o que te tornaría sórdido ou abxecto.

Como Se Ha de Regular a Xustiza

Finalmente, a Xustiza debe ser gobernada por ti cunha tal regra de equilibrio que nin sequera un leve toque poda desfacer a túa consistencia inmóbel de espírito. Ao mesmo tempo non pretendas corrixir os grandes vicios, nin os pequenos vicios dos que erran, non deixes renda solta a maldade dos que brandamente te lixonxean, ou dos que atrevidamente te iluden. E tampouco te mostres intratábel a sociedade humana negando con rixidez e austeridade toda desculpa e flexibilidade. O regulamento da Xustiza debe ser tal que a autoridade da súa disciplina non caia en desprezo por unha excesiva vulgaridade de condescendencia, nin perda a graza da afábel amabilidade pela dureza dunha severidade atroz.

Conclusión das Cousas Sobreditas

Por tanto, se alguén desexa regular a súa vida sen falta, non só para o seu proprio beneficio senón para o dos demais, debe conservar con tal equilibrio este rexemento das virtudes cima referidas, segundo a calidade dos tempos, dos lugares, das persoas e causas, que, a maneira de quen camiña por entre precipicios, indo a meia ladeira, evite a caída temeraria e despreza a fraca covardía.