EQUITACIÓN de XIS
TEQU (ilustracións)
 |
Museo Arqueológico Nacional de España (MAN). Foto: TEQU |
De Airas Enxeitado descoñecemos
tanto a súa orixe, non sabemos se esta era portuguesa ou galega, como se
estamos a falar dun xograr ou trobador. De igual xeito existe controversia
sobre se estivo activo na primeira metade do século XIII, ou ben a finais do
mesmo ou principios do XIV. Entre os distintos estudos que enfrontaron a súa
figura só hai conxecturas e pouco máis. Así, por exemplo Resende de Oliveira,
suxire que o “Enxeitado” podía ben indicar: "uma possível deserdação ou
outro qualquer desentendimento familiar". Quen o sabe?