Anónimo
Equitación de XIS (tradución)
Marina Dap (ilustracións)
Traducir o Cantar dos Cantares ao
galego foi achegar un dos poemas máis antigos da humanidade coma se fose
escrito hoxe á respiración húmida da nosa lingua. Poucos libros conservan unha
sensualidade tan delicada: corpos que se buscan na noite, perfumes que
atravesan os xardíns, palabras que rozan a pel coma unha caricia demorada.
Nesta versión quixemos manter
intacta esa mestura de desexo, musicalidade e misterio que percorre o poema.
Porque o amor, cando verdadeiramente fala, sempre atopa unha lingua nova onde
volver arder.