Anónimo
Equitación de XIS (tradución)
Marina Dap (ilustracións)
Equitación de XIS (tradución)
Marina Dap (ilustracións)
Que me bique cos bicos da súa
boca!
Son os teus amores máis deleitosos
que o viño.
Son os teus ungüentos agradábeis ao olfacto,
e o teu nome un perfume que se espalla;
por iso ámante as doncelas.
ELA:
Son morena, pero fermosa, fillas de Xerusalén,
como as tendas de Cedar,
como as cortinas de Salomón.
Non vos fixedes en que son morena:
é porque o sol queimoume.
Os fillos da miña nai,
enfadáronse comigo;
puxéronme a gardar as viñas,
e a miña propia viña non gardei.
Dime ti, amado da miña alma,
onde apacentas o teu rabaño? Onde o fas descansar ao mediodía?
non veña eu a extraviarme
Tras dos rabaños dos teus compañeiros?
EL:
Se ti non o sabes, oh a máis fermosa das mulleres!,
sal tras as pegadas do rabaño,
e apacenta os teus cabritos xunto ás cabanas dos pastores.
Ao tiro do carro do Faraón,
eu compárote, miña amada.
Fermosas son as túas fazulas entre os adornos,
o teu pescozo entre os colares.
Farémoste pendentes de ouro,
con contas de prata.
ELA:
Mentres descansa o rei no seu leito,
o meu perfume esparexeu o seu arume.
Bolsiña de mirra é o meu amado
para min,
que repousa toda a noite entre os meus peitos.
Ramallete de flores de alfaneiro
é o meu amado para min
nas viñas de Ein-Gedi.
EL:
Coan fermosa es, miña amada,
Coan fermosa es!
Os teus ollos son como pombas.
ELA:
Coan fermoso es, meu amado!
Tan pracenteiro!
Certamente o noso leito é de exuberante verdor.
As trabes das nosas casas son
cedro,
os nosos artesoados, cipreses.
Eu son o narciso de Sarón,
un lirio dos vales.
EL:.
Como o lirio entre os espinos,
así é miña amada entre as doncelas.
ELA:
Como a maceira entre as árbores silvestres,
é o meu amado entre os mozos.
Á súa sombra pracenteira sentei,
e o seu froito é doce ao meu padal.
Tróuxome á sala do banquete,
e a bandeira que sobre min alzou e a do amor.
Sustentádeme con pasas,
reanimádeme con mazás,
que desfalezo de amor.
Está a súa esquerda baixo a miña
cabeza
e a súa dereita abrázame.
EL:
Eu conxúrovos, fillas de Xerusalén, polas gacelas e polas cervas do campo,
que non levantedes nin espertedes ao meu amor,
ata que ela queira.
II
Son os teus ungüentos agradábeis ao olfacto,
e o teu nome un perfume que se espalla;
por iso ámante as doncelas.
CORO:
Arrástranos tras ti,
corramos!
Lévanos, rei as túas
alcobas,
e gozaremos e
folgaremos contigo.
Celebraremos os teus
amores máis que o viño.
Con razón ti es
amado!
Son morena, pero fermosa, fillas de Xerusalén,
como as tendas de Cedar,
como as cortinas de Salomón.
é porque o sol queimoume.
Os fillos da miña nai,
enfadáronse comigo;
puxéronme a gardar as viñas,
e a miña propia viña non gardei.
onde apacentas o teu rabaño? Onde o fas descansar ao mediodía?
non veña eu a extraviarme
Tras dos rabaños dos teus compañeiros?
EL:
Se ti non o sabes, oh a máis fermosa das mulleres!,
sal tras as pegadas do rabaño,
e apacenta os teus cabritos xunto ás cabanas dos pastores.
eu compárote, miña amada.
Fermosas son as túas fazulas entre os adornos,
o teu pescozo entre os colares.
con contas de prata.
Mentres descansa o rei no seu leito,
o meu perfume esparexeu o seu arume.
que repousa toda a noite entre os meus peitos.
nas viñas de Ein-Gedi.
Coan fermosa es, miña amada,
Coan fermosa es!
Os teus ollos son como pombas.
Coan fermoso es, meu amado!
Tan pracenteiro!
Certamente o noso leito é de exuberante verdor.
os nosos artesoados, cipreses.
un lirio dos vales.
EL:.
Como o lirio entre os espinos,
así é miña amada entre as doncelas.
Como a maceira entre as árbores silvestres,
é o meu amado entre os mozos.
Á súa sombra pracenteira sentei,
e o seu froito é doce ao meu padal.
e a bandeira que sobre min alzou e a do amor.
reanimádeme con mazás,
que desfalezo de amor.
e a súa dereita abrázame.
Eu conxúrovos, fillas de Xerusalén, polas gacelas e polas cervas do campo,
que non levantedes nin espertedes ao meu amor,
ata que ela queira.
ELA:
A voz do meu amado!
Velaquí, el vén,
saltando polos montes,
brincando polos outeiros.
Velaquí, detense detrás dos nosos muros,
acibando polas xanelas, espiando polas celosías.
Érguete xa, miña amada,
fermosa miña, e ven comigo!
Pois xa pasou o inverno,
E xa cesaron as chuvias.
Apareceron as flores na terra,
chegou o tempo da poda,
e óese a voz da rula na nosa terra.
e as vides en flor esparexeron o seu recendo.
Érguete miña amada,
fermosa miña, e ven comigo!
no segredo do carreiro fragoso,
déixame ver o teu rostro,
déixame oír a túa voz
Que a túa é doce,
e feitizo o teu rostro.
Cazádenos as raposas,
as raposiñas que arruínan as viñas,
as nosas viñas en flor!
Apacenta o seu rabaño entre azucenas.
Ata que sopre a brisa do día
e fuxan as sombras,
volve, meu amado, semellante a gacela ou cervato
polos montes de Beter.
ELA:
No meu leito, pola noite,
busquei ao que ama a miña alma;
busqueino, mais non o achei.
polas rúas e polas prazas
buscando ao que ama a miña alma.
Busqueino, mais non o achei.
que roldan a cidade, e díxenlles:
Vistes ao que ama a miña alma?
achei ao que ama a miña alma;
agarreino e non quixen soltalo,
ata que o introducín na casa da miña nai
e na alcoba na que me concibiu.
Eu conxúrovos, fillas de Xerusalén,
polas gacelas e polos cervos do campo,
que non espertedes nin inquietedes a miña amada,
ata que a ela lle lecer.
CORO:
Que é iso que sobe do
deserto
como columna de fume,
como un vapor de
mirra e incenso,
e de todos os
perfumes exquisitos?
Velaquí: a liteira de
Salomón;
sesenta valentes danlle
escolta,
de entre os heroes de
Israel.
Todos eles esgrimen a
espada,
son destros na
guerra,
cada un ten a espada
ao seu lado,
para facer fronte aos
perigos da noite.
O rei Salomón fíxose
un palanquín
de madeira do Líbano.
Fixo as súas columnas
de prata,
o seu baldaquino de ouro
e o seu asento de
púrpura, recamado,
todo feito con amor
polas fillas de Xerusalén.
Saíde, fillas de
Sion, e contemplade ao rei Salomón,
coa coroa coa que a
súa nai o coroou
o día das súas vodas,
o día da alegría do
seu corazón.
Coan fermosa es, miña amada.
Coan fermosa es!
Os teus ollos son como pombas detrás do teu veo.
que ondulantes van polos montes de Galaad.
Os teus dentes son cal rabaño de ovellas tosquiadas
que soben do lavadoiro,
todas teñen crías xemelgas,
sen que entre elas as haxa estériles.
e o teu falar é engaiolante.
As túas fazulas, como metades de granada
detrás do teu veo.
edificada de trofeos,
da que penden mil escudos,
todos escudos de valentes.
que pacen entre azucenas.
Ata que sopre a brisa do día
e fuxan as sombras, irei ao monte da mirra,
e ao outeiro do incenso.
Toda ti es fermosa, amada miña,
e non hai tacha en ti.
ven do Líbano, fai a túa entrada.
Baixa desde o cume do Amaná,
desde o cume do Senir e do Hermón,
desde as goridas dos leóns,
desde os montes dos leopardos.
Cativaches o meu corazón, irmá miña, esposa miña;
cativaches o meu corazón cunha soa mirada dos teus ollos,
nunha soa ebra do teu colar.
irmá miña, esposa!
Que deleitosos son os teus amores,
máis que o viño!
E o arrecendo dos teus perfumes
e mellor que o de todos os bálsamos.
esposa miña,
mel e leite hai debaixo da túa lingua,
e o arume dos teus vestidos
é como a fragrancia do incenso.
Horta pechada es, irmá miña, esposa miña,
Es xardín pechado, fonte selada.
con froitas escollidas,
de cipreses e de nardos.
de canela e cinamomo,
de todos os arbores aromáticos.
pozo de augas vivas,
e correntes que flúen do Líbano.
Esperta, vento do norte,
e ven, vento do sur;
facede que a miña horta exhale os seus arumes,
entre o meu amado na súa horta e coma dos seus froitos exquisitos.
Entrei na miña horta, irmá miña, esposa miña,
a recoller da miña mirra e do meu bálsamo.
A comer meu panal e o meu mel;
a beber do meu viño e do meu leite.
Comede, meus amigos; bebede
e embriagádevos, meus amigos.
ELA:
Eu durmía, pero o meu corazón velaba.
Unha voz!
O meu amado peta na porta.
EL:
Ábreme, miña irmá, miña amada,
miña pomba, miña dona perfecta!
Que está a miña cabeza cuberta de orballo,
e os meus cabelos enchoupados da humidade da noite.
Quitei a roupa,
como hei de vestir de novo?
Lavei os meus pés.
Como os volver lixar?
O meu amado meteu a súa man
Polo burato da chave,
e estremeceron por el as miñas entrañas.
E as miñas mans destilaron mirra,
e os meus dedos mirra líquida,
no ferrollo da fechadura.
pero o meu amado desvanecéndose, desaparecera.
Tras o seu falar saíu a miña alma.
Busqueino, e non o achei.
Chameino, e non me respondeu.
golpeáronme e feríronme;
quitáronme de enriba o meu veo
os sentinelas das murallas.
que se atopades ao meu amado,
decídelle que estou enferma de amor.
CORO:
Que clase de amado é
o teu amado,
oh a máis fermosa das
mulleres?
Que clase de amado é
o teu amado, que así nos conxuras?
O meu amado é resplandecente e rosado,
distinguido entre millares.
os seus cabelos, como acios de dátiles,
negros como o corvo.
pousadas ao bordo das augas,
bañados en leite,
e descansan a beira do río.
teso de herbas aromáticas;
os seus beizos son dous lirios
que destilan mirra líquida.
engastados de pedras de Tarsis.
O seu ventre, marfil tallado
coallado de zafiros.
As súas pernas, columnas de alabastro
asentadas sobre bases de ouro puro.
O seu aspecto é como o Líbano,
gallardo como o cedro.
A súa gorxa, docísima,
e todo el, desexable.
Este é o meu amado e este é o meu amigo,
fillas de Xerusalén.
CORO:
Onde se foi o teu
amado,
oh ti, a máis fermosa
das mulleres?
Onde se dirixiu o teu
amado,
para que o busquemos
contigo?
ELA:
O meu amado descendeu ao seu horto,
ás eras das balsameiras,
a apacentar o seu rabaño nos hortos
e recoller azucenas.
e o meu amado é meu,
el que apacenta entre as azucenas.
Es fermosa como Tirsa, miña amada,
enfeitizadora como Xerusalén,
impoñente como exército con estandartes.
Aparta de min os teus ollos,
porque eles fascínanme;
a túa cabeleira é como rabaño de cabras
que ondean polas pendentes de Galaad.
Os teus dentes, son como rabaño de ovellas
que soben do lavadoiro,
todas teñen xemelgas,
e ningunha delas perdeu a súa cría.
detrás do teu veo.
oitenta as concubinas,
e as doncelas son sen número.
é a filla única da súa nai,
a preferida de quen a enxendrou.
As doncelas vírona e chamárona benaventurada,
tamén as raíñas e as concubina a encomiaron.
CORO:
Quen é esta que se
asoma como a alborada,
fermosa como a lúa,
refulxente como o sol,
impoñente como
escuadróns abandeirados?
EL:
Baixei á horta das nogueiras
para ver o verdor do val,
para ver se a vide xa brotara
e se floreceran os granadeiros.
Vinme sentado sobre os carros do meu nobre pobo.
CORO:
Volve, volve,
Sulamita,
volve, volve, que te
contemplemos.
Por que habedes de contemplar á Sulamita,
danzando a dobre coro?
CORO:
Cuán fermosos son os
teus pés nas sandalias,
filla de príncipe!
As curvas das túas
cadeiras son como xoias,
obra de mans de ourive.
O teu embigo, é unha
ánfora
Na que nunca falta
viño;
o teu ventre, cheo de
trigo,
cercado de azucenas.
Os teus peitos, dous
cervatiños,
xemelgos de gacela.
O teu pescozo, torre
de marfil;
os teus ollos, como
os estanques de Hesebón,
xunto á porta de Bat-Rabin.
O teu nariz, como a
torre do Líbano
que olla cara a
Damasco.
A túa cabeza coróate
como o Carmelo,
a cabeleira da túa
cabeza é como fíos de púrpura real,
entretecida en
trenzas.
Que fermosa e que encantadora es, meu amor,
con todos os teus meigallos!
e os teus peitos son os seus acios.
A tomar os seus acios;
sexan os teus peitos como acios para min.
O perfume do teu alento é como o das mazás.
que vai deslizar suavemente entre beizos e dentes adormentados.
Eu son para o meu amado,
e a min tenden os seus anhelos.
faremos noite nas aldeas;
imos madrugar para ir as vides;
imos ver si xa brotaron,
se se abriron as súas flores,
e se floreceron os granadeiros,
e alí entregareiche o meu amor.
Xa dan as mandrágoras o seu arume,
e ás nosas portas hai toda clase de froitas escollidas:
tanto novas como anellas,
que gardei, meu amado, para ti.
aleitado aos peitos da miña nai!
Para que ao atoparte na rúa puidera beixar
Sen que me desprezasen.
No cuarto no que me enxendrou,
e daríache a beber viño sazonado
e do zume das miñas granadas.
e a súa dereita abrázame.
EL:
Conxúrovos, fillas de Xerusalén
Polas gacelas e as cervas,
que non espertaredes nin inquietedes á miña amada
ata que a ela lle praza.
CORO:
Quen é esta que sobe
do deserto,
recostada sobre o seu
amado?
Debaixo da maceira esperteiche;
alí onde te concibiu a túa nai,
alí onde tivo dores de parto, e te pariu.
Ponme como selo sobre o teu corazón,
ponme no teu brazo como selo.
Que é forte o amor como a morte
e son, como o Seol, duros as ciúmes.
Son os seus dardos saetas alumeadas,
Son labaradas de Yavhé.
As moitas augas non poden extinguir o amor,
nin os ríos asolagalo.
Se o home dese todos os bens da súa casa por amor,
de certo menosprezaríano.
OS IRMÁNS:
A nosa irmá e cativa,
e aínda non ten
peitos.
Que faremos pola nosa
irmá
o día en que sexa
pedida?
Se ela é unha
muralla,
edificaremos sobre
ela un baluarte de prata;
se porta, reforzarémola
con táboas de cedro.
Si, eu son muralla, e os meus peitos son como torres,
entón fun ser os seus ollos
como quen acha a paz.
OS IRMÁNS:
Salomón tiña unha
viña en Baal-hamón,
confiou a viña aos seus
gardas,
que habían de
traerlle polo seu froito
mil siclos de prata.
A miña viña, téñoa diante dos meus ollos.
Para ti, Salomón, os mil siclos,
e douscentos para os que gardan o seu froito
Oh ti, miña amada que moras nos xardíns,
os meus compañeiros están atentos á túa voz:
déixame que a oia!
Fuxe, meu amado, semellante á gacela e ao cervatiño,
Polos montes das balsameiras.








