Amosando publicacións coa etiqueta tecnoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tecnoloxía. Amosar todas as publicacións

O maior potencial xeotérmico peninsular está en Galiza



Equitación de Xis

UVa-www.lacasig.com
A enerxía xeotérmica que se atopa principalmente en Galiza, xunto á dalgunhas outras zonas peninsulares, podería xerar cinco veces a capacidade eléctrica actual, segundo un estudo presentado por investigadores da Universidade de Valladolid no que han cuantificado a electricidade que se podería obter co calor almacenado baixo os dez primeiros quilómetros do territorio peninsular. Os resultados indican que o redor de 700 xigavatios, o que quintuplica toda a capacidade eléctrica instalada na actualidade.


A temperatura aumenta 30 º C cada quilómetro que se descende baixo terra. Este gradiente térmico, xerado polo fluxo de calor do interior da Terra e a desintegración dos elementos radioactivos na codia, produce enerxía xeotérmica. Preto de 500 centrais en todo o mundo xa a utilizan para xerar electricidade, aínda que en Galiza non hai ningunha.

O enxovallo enerxético. Explosivos e máquinas

Manoel Toural Quiroga
(texto e ilustracións)

 Eolípila. A primeira máquina de vapor coñecida.

A Filosofía da Ciencia recolle o significado de enerxía da definición dada pola ciencia Física: medida común ás diversas formas de movemento da materia. Falar da realidade obxectiva da enerxía, da súa manipulación e da súa aplicación histórica, de entrada presenta certa singularidade derivada do mal uso dado ao termo. Tampouco existe ningunha lei que protexa contra o "exercicio ilegal” das palabras, nin condena para aqueles que abusan delas por propagar falsidades ou para xustificar ideoloxías herméticas. A sociedade debe de estar informada e non deixarse engaiolar polos que se valen de falaces enunciados para facer críbeis os seus delirios.

As máquinas e os explosivos feitos polos homes focalizan o uso da enerxía e expresan o seu dominio mediante o desenvolvemento tecnolóxico, pero isto non sempre contribuíu ao benestar da humanidade no seu conxunto.

O calor, esa enerxía primaria conquistada polo home das cavernas para preparar alimentos e para se preservar do frío, pouco despois será utilizada para facer a guerra, queimando os bosques e as fortalezas dos inimigos. Coa aplicación directa de substancias en combustión levadas polos guerreiros ou chimpadas mediante o uso da forza elástica das madeiras destruíronse poboacións e bens. Estas técnicas serán melloradas considerábelmente no século XX coa aparición dos lanzachamas, capaces de propagar incendios non sufocabeis pola auga.
 

No século II, Aulo Gelio na súa obra Noctes Atticae, consigna que o lugartenente Arquelao do exército de Mitrídates, 87 anos antes da Era Cristiá no ataque a Roma, impedira que as súas torres defensivas fosen queimadas utilizando un composto alumine, ignífugo para a madeira.
 

Por outra parte, se observamos o furor dalgúns estados construíndo barcos cada vez máis grandes, enche-los de cañós e usa-los como instrumento de conquista, sen pensar antes en como aproveitar a tecnoloxía atinxida para outros fins e sen reflexionar acerca da violencia xerada, non podemos menos que surprendernos.