Amosando publicacións coa etiqueta 12 Verán 2013. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 12 Verán 2013. Amosar todas as publicacións

Descuberta unha colección de Ksado. O fotógrafo da Xeración Nós

Equitación de XIS

 
Ksado.
Recentemente, a Biblioteca Tomas Navarro Tomas do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) puxo en valor, mediante un proceso de dixitalización, unha colección, do fotógrafo Luís Casado Fernández, máis coñecido por Ksado, composta por 316 viñetas da serie Visite Galicia, editada durante a II República e descoñecida até o momento. Este fotógrafo, vinculado á Xeración Nós foi referinte da fotografía galega até non fai moito tempo e no seu haber conta cun dos arquivos fotográficos máis importantes de Galiza.


Firma orixinal de Ksado.
 A obra atopada entre as páxinas do Tratado de anatomía patolóxica de Isaac Costero, consta dunha serie incompleta de fotografías pero moi ampla. Ao semellar, esta sería complementaria doutras similares editadas por Ksado, como Estampas Composteláns e Estampas de Galicia.

Un pouco máis

Lois Castro do Vilar
Xan Seom (ilustracións)


Estou vivo no meio da prosa gratuíta e os latexos que piden socorro

O enxovallo enerxético. Explosivos e máquinas

Manoel Toural Quiroga
(texto e ilustracións)

 Eolípila. A primeira máquina de vapor coñecida.

A Filosofía da Ciencia recolle o significado de enerxía da definición dada pola ciencia Física: medida común ás diversas formas de movemento da materia. Falar da realidade obxectiva da enerxía, da súa manipulación e da súa aplicación histórica, de entrada presenta certa singularidade derivada do mal uso dado ao termo. Tampouco existe ningunha lei que protexa contra o "exercicio ilegal” das palabras, nin condena para aqueles que abusan delas por propagar falsidades ou para xustificar ideoloxías herméticas. A sociedade debe de estar informada e non deixarse engaiolar polos que se valen de falaces enunciados para facer críbeis os seus delirios.

As máquinas e os explosivos feitos polos homes focalizan o uso da enerxía e expresan o seu dominio mediante o desenvolvemento tecnolóxico, pero isto non sempre contribuíu ao benestar da humanidade no seu conxunto.

O calor, esa enerxía primaria conquistada polo home das cavernas para preparar alimentos e para se preservar do frío, pouco despois será utilizada para facer a guerra, queimando os bosques e as fortalezas dos inimigos. Coa aplicación directa de substancias en combustión levadas polos guerreiros ou chimpadas mediante o uso da forza elástica das madeiras destruíronse poboacións e bens. Estas técnicas serán melloradas considerábelmente no século XX coa aparición dos lanzachamas, capaces de propagar incendios non sufocabeis pola auga.
 

No século II, Aulo Gelio na súa obra Noctes Atticae, consigna que o lugartenente Arquelao do exército de Mitrídates, 87 anos antes da Era Cristiá no ataque a Roma, impedira que as súas torres defensivas fosen queimadas utilizando un composto alumine, ignífugo para a madeira.
 

Por outra parte, se observamos o furor dalgúns estados construíndo barcos cada vez máis grandes, enche-los de cañós e usa-los como instrumento de conquista, sen pensar antes en como aproveitar a tecnoloxía atinxida para outros fins e sen reflexionar acerca da violencia xerada, non podemos menos que surprendernos.