Amosando publicacións coa etiqueta xenocidio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xenocidio. Amosar todas as publicacións

A realidade detrás do mito israelí

Deva Castro
Manoel Toural Quiroga (ilustracións)


Israel é unha ficción real no marco do xenocidio contra o pobo palestino. A historia política adoita construírse sobre relatos que buscan explicar e xustificar a existencia dos Estados. No caso de Israel, ese relato combina memoria histórica, trauma colectivo e aspiración de seguridade tras séculos de persecución do pobo xudeu. Porén, a evolución do conflito co pobo de Palestina, especialmente a devastación recente na Franxa de Gaza, xerou unha crecente distancia entre a narrativa fundacional e a realidade humanitaria.
 
Esta análise propón reflexionar sobre esa contradición: a coexistencia dun Estado recoñecido internacionalmente cun contexto marcado pola ocupación, a desigualdade de dereitos e acusacións graves de violacións do dereito internacional. Comprender esa tensión entre ficción política e realidade material resulta esencial para interpretar o presente e pensar calquera horizonte de paz futura.

Balnearios do Iraq

Manoel Toural Quiroga (texto e (ilustracións)


Novo baño de
sangue
tivo Iraq
Outubro 07 de
2005 ... o Sangue
volveu a bañar
onte a Iraq, a dez días do referendo sobre a Constitución e durante a ...