Deva Castro
Manoel Toural Quiroga (ilustracións)
Israel é unha ficción real no
marco do xenocidio contra o pobo palestino. A historia política adoita
construírse sobre relatos que buscan explicar e xustificar a existencia dos
Estados. No caso de Israel, ese relato combina memoria histórica, trauma
colectivo e aspiración de seguridade tras séculos de persecución do pobo xudeu.
Porén, a evolución do conflito co pobo de Palestina, especialmente a
devastación recente na Franxa de Gaza, xerou unha crecente distancia entre a
narrativa fundacional e a realidade humanitaria.
Esta análise propón reflexionar
sobre esa contradición: a coexistencia dun Estado recoñecido internacionalmente
cun contexto marcado pola ocupación, a desigualdade de dereitos e acusacións
graves de violacións do dereito internacional. Comprender esa tensión entre
ficción política e realidade material resulta esencial para interpretar o
presente e pensar calquera horizonte de paz futura.